Os e as participantes teñen que gravar nesta fin de semana un filme dunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visualOs dous primeiros Chanfainas foron un éxito rotundo. Cuns medios e un orzamento moi modestos, conseguiu levar o nome, as paisaxes, o patrimonio e as historias de moitos veciños e veciñas por toda Galicia. O pasado ano Sabela Íñiguez, concelleira de Cultura e coordinadora da iniciativa, destacaba o obxectivo de que San Sadurniño se converta no referente do cinema rural galego. "Gústanos moito que saian as paisaxes de San Sadurniño pero máis me gusta que saia a nosa xente. Unha das cousas que conseguiu o Chanfaina Lab foi empoderar a xente do rural. A xente do noso concello é xente moi humilde, os máis maiores nin sequera tiveron acceso aos estudos, e sempre que lles preguntabas polas súas historias, respondíanche que o seu non tiña valor, dicindo 'eu non teño escola, eu non son importante. Pero cando ven que se achega xente de toda Galicia a gravalos, cando ven que son protagonistas desas pezas, isto resulta un traballo de empoderamento moi importante, e por iso cada ano se van implicando máis", salientaba.
Os dous primeiros Chanfainas foron un éxito rotundo. Cuns medios e un orzamento moi modestos, conseguiu levar o nome, as paisaxes, o patrimonio e as historias de moitos veciños e veciñas por toda GaliciaNesta terceira edición participan na iniciativa Lois Patiño, Lara Bacelo, Eloi Domínguez Serén, Carla Andrade, Claudia Brenlla, Jorge Coira, Ángeles Huerta, Pablo Millán, Sabela Pernas, Marta Piñeiro, Beatriz del Monte, Natalia Porca, Lara Castro, Noa Castro e Marcos Lourido. E, entre eles e elas, un importante número de creadores e creadoras do propio San Sadurniño: Patricia Lamas e Miguel Sanjurjo, Abel Vega,Fran Bermúdez, Bieito Beceiro, Pablo Martínez, Roberto Bouza, Sebastián Rodríguez ou Dani Ferreira.
O evento, impulsado por Manolo González, estará organizado polo Concello de San Sadurniño e nel colaboran as asociacións veciñais de Santa Mariña do Monte, Adiante Igrexafeita, Xuntanza de Lamas, San Pipote de Bardaos, Pico de Ferreira, ademais da Aula Cemit. Nesta ocasión, a base do cartaz é un óleo pintado en San Sadurniño polo pintor palentino Asterio Mañanós a comezos do século XX. Aquí podes coñecer a historia do cadro.
As actividades comezarán este xoves ás 20 horas na Casa da Cultura coa proxección dos filmes documentais A Seara, de Pepe Coira, e Verengo, de Víctor Hugo Seoane, que participou na 1º Chanfaina con A beira do aceiteiro. Dúas pezas unidas polo eixo temático común da realidade de dúas aldeas da montaña interior galega. O venres, a Aula Cemit acollerá un obradoiro (a cargo de Ana Seijo e Sabela Pernas, de Videodinamizarte), co obxectivo de que as persoas participantes (con entrada libre a calquera veciño ou veciña) desenvolvan conxuntamente a súa propia peza para proxectala o domingo durante a clausura do encontro.
O miolo do Chanfaina comezará a saborearse o venres pás oito da tarde, coa recepción dos e das participantes na Casa do Concello e a apertura na galería do Pazo da exposición fotográfica A propósito da Chanfaina, con instantáneas das anteriores edicións captadas polo fotoxornalista Gabriel Tizón. Ás 21.15 presentarase o proxecto Visións, nacido no marco do programa Cinema e Muller da Deputación de Pontevedra. Unha iniciativa que busca reivindicar o papel feminino na creación audiovisual e da que saíu un filme colaborativo executado a base de curtas por dez realizadoras. Tres delas, Lara Bacelo, Claudia Brenlla e Carla Andrade, participan no Chanfaina e ofrecerán na noite do venres o seu punto de vista sobre a realidade da muller no audiovisual.
Presentarase o proxecto Visións, nacido do programa Cinema e Muller da Deputación de Pontevedra. Unha iniciativa que busca reivindicar o papel feminino na creación audiovisualO sábado e o domingo levarase a cabo a gravación dos traballos desta terceira edición, pero tamén haberá actividades conxuntas, coma a Eira de Cineastas (sábado 21 horas), coa proxección dunha escolma de pezas producidas polos creadores e creadoras convidadas nesta edición. Finalmente, o domingo ás 19 horas a Casa da Cultura acollerá a proxección da curta producida dentro do obradoiro de Videodinamizarte e realizarase a despedida dos e das participantes no III Chanfaina Lab.
Ningún comentario:
Publicar un comentario