A porcentaxe aumentou en 3 puntos na última década.
O 9,7% dos menores viven en Galiza en fogares onde non traballa ningún dos seus ocupantes, unha porcentaxe que supera o 8,2% dos menores que estaban nesa situación hai cinco anos (2010) e tamén o de hai unha década, cando eran o 6,5 por cen. Isto é, un de cada dez menores de 18 anos vive en fogares onde non hai ningún ocupado. A porcentaxe, porén, é inferior á media española, pois no Estado é do 11,8 por cento. En 2005 era de 5,5%.A Enquisa de poboación activa (EPA) recollía recentemente que no segundo trimestre de 2016 había na Galiza 37.700 fogares na que non tiñan traballo ningún dos seus membros. Ao que haiq ue engadir as 75.700 familias que teñen a todos os seus membros activos no paro.
Para a UGT, a preocupación por estas cifras aumenta aínda máis de se comparar coas que se rexitraban en 2009. “Constátase que o número de vivendas nas que todos os activos están no paro medran en Galiza nun 69 por cento e as referidas ás que xa non teñen perceptores de ingresos nun 91,4 por cento”. CCOO, de por parte, lembra que eses 37.700 fogares sen prestacións son 4.400 mais que en 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario