A Xunta vai pagar o que resta da paga do 2012 e o gañado por sentenzas da paga 2013 na nómina de agosto
O DOG do día 5 de agosto publica o anuncio
da Consellaría de Facenda en que informa de que vai devolver
conxuntamente a parte que falta da paga extra de 2012 e a parte da paga
extra de 2013 que a Xunta accedeu a aboar despois das numerosas
sentenzas, moitas delas gañadas pola CIG, grazas ao cal moitas
profesoras e profesores xa percibiron a parte correspondente á extra de
2013.
Nese anuncio (ligazón) publícase tamén a documentación para que estas retribucións sexan solicitadas polas persoas que xa non están en activo.
Previamente o día 1 de agosto distribuíronse as Instrucións conxuntas da Intervención Xeral en que se regula a quen, como e cando se van facer estas devolucións. Nesas instrucións recóllese que se modifican as instrucións anteriores e que o pago previsto para o mes de setembro “farase efectivo no mes de agosto”.
Como xa manifestara no seu día a Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) estas retribucións non son unha esmola que a Xunta lle regala ás empregadas e empregados públicos en ano de eleccións, senón que se trata dunha parte do salario indebidamente substraído polo Goberno de Núñez Feijoo ao conxunto do seu persoal.
A área pública da CIG xa denunciou no pasado mes de xuño o electoralismo do goberno de Feijoo, algo que volve suceder novamente agora amplificado polo oportunismo de organizacións sindicais que pretenden dar a entender que tiveron un papel decisivo na xestión desta devolución e actuaron como comparsas da Xunta asinando un acordo que é un aval ás políticas do PP.

Ningún comentario:
Publicar un comentario