O xurado do Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña recoñece a traxectoria na defensa e promoción da lingua do escritor Xabier P. DoCampo. Na categoría de iniciativas destinadas á infancia o premio recaeu ex aequo no Correlingua e na Semente.
O xurado composto por Valentina Formoso
Gonsende, Mónica Pazos Martínez, Mercedes Queixas Zas e Anxos Sobriño
Pérez, coa deputada e responsábel da área de Cultura e Normalización,
Goretti Sanmartín, como presidenta e a técnica Dores Sánchez Alegre como
secretaria decidiu concederlle o VII Premio Rosalía de Castro de Lingua
ao escritor Xabier P. DoCampo, “pola súa traxectoria literaria e
recoñecemento dentro do ámbito internacional e nacional da literatura
infantil e xuvenil galega e polo seu compromiso e implicación coa lingua
demostrado ao longo de moitos anos de intervención e dinamización
sociolingüística a prol do noso idioma”, segundo consta na acta do
premio.
Na reunión que se desenvolveu este venres na sede da Deputación da Coruña, o xurado decidiu tamén que o premio á nova categoría dirixida a traballos para a normalización da lingua en infantil e xuvenil fose compartido por dúas iniciativas de especial relevancia para o proceso de normalización: a A. C. Correlingua e a Escola de Ensino Galego Semente, “polo seu labor de intervención nun sector de especial relevancia para o futuro do galego como é a infancia e a mocidade”.
Natural de Rábade, o escritor Xabier P. DoCampo vive desde a súa adolescencia na Coruña, cidade desde a que escribe e desenvolve multitude de actividades nas que se implica sen perder o contacto coa Terra Cha. Mestre e escritor, estivo sempre relacionado con movementos de renovación pedagóxica e de defensa e promoción da lingua galega, de maneira especial no ensino. Ademais de profesor e escritor cunha sólida e recoñecida obra literaria –formando parte da coñecida como xeración Lamote, canda Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Paco Martín ou Xabier Senín- gábase de ter sido tamén actor e director de teatro e creador no mundo audiovisual ademais de narrador oral e promotor dun sinfín de iniciativas, sempre coa normalización da nosa lingua como obxectivo. Con Xabier P. DoCampo achegáronse á lingua milleiros de lectores e lectoras e soubo contaxiar ao longo dos anos o entusiasmo polo galego.
Correlingua, a carreira pola lingua, defínese como “unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro”. Neste ano 2016 chegou a súa 16ª edición organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela e Ourense, e as Deputacións de Lugo, Pontevedra e a Coruña.
As Escolas de Ensino Galego Semente, que toman o nome das creadas por Carré nas Irmandades da Fala, defínense como “umha iniciativa social sem ánimo de lucro, impulsionada pola Gentalha do Pichel que pretende conformar, junto com outros projetos semelhantes, as bases necessárias para a criaçom da Escola Nacional Galega”. Segundo anotan na súa páxina, “todas as atividades serám desenvolvidas na língua do nosso povo, favorecendo a aquisiçom, conservaçom, cuidado e consolidaçom da mesma”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario