Con este acordo inícianse os preparativos doutra convocatoria deste galardón co que a USC e Aresa veñen recoñecendo aquelas iniciativas levadas a cabo por entidades, empresas, grupos de investigación e persoas en xeral a prol do desenvolvemento do sector primario.
O Premio Aresa, de gran tradición en Galicia, está dotado con 10.000 euros e conta cun xurado profesional do que teñen formado parte reitores de distintas universidades cunha orientación agraria, coma, por exemplo, as de Barcelona, Córdoba, Salamanca ou Trás-os-Montes e Alto Douro, o que lles outorga aos gañadores prestixio e difusión.
Valórase especialmente a xeración de riqueza e emprego no agroNo seu palmarés figuran o profesor Javier Guitián, a Aula de Produtos Lácteos ou a Facultade de Veterinaria, dentro do eido académico; personalidades coma Xosé Manuel Rodríguez Silva, ex director xeral de Agricultura da Comisión Europea; firmas coma Ingapan, Champivil, Alibós ou Agroamb; consellos reguladores de denominacións de orixe e de indicacións xeográficas protexidas, coma a IXP Ternera Gallega e as DO Ribeira Sacra e Queixo San Simón da Costa; e modelos de asociacionismo como a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega ou a SAT Montes de Trabada, entre outros.
Na concesión desta distinción valórase especialmente a xeración de riqueza e emprego no agro así como a aplicación produtiva de novas tecnoloxías e da I+D+i, na procura da rendibilidade económica e do benestar social na execución das actividades agrícolas, gandeiras e forestais para que o campo sexa unha boa oportunidade laboral e vital para as vindeiras xeracións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario