O INE publicou este venres a súa primeira Enquisa de Inserción Laboral de Titulados Universitarios,
que ofrece unha completa información sobre a situación que en 2014
tiñan as persoas que remataron as súas carreiras no curso 2009-10, cinco
anos máis tarde da súa graduación. En total, trátase de 10.175 egresados e egresadas en Galicia (case o dobre de mulleres: 6.511, fronte a 3.664 homes) e un total de 197.535 no conxunto de España.
Deses 10.175, case tres de cada catro (o 72,5%) estaban traballando en 2014, unha porcentaxe algo inferior á que se rexistrados no conxunto das universidades de todo o Estado. A cifra daqueles e aquelas que traballaban en Galicia era, con todo, bastante inferior, caendo ata o 55,89%. Un número importante traballaba noutras comunidades autónomas (o 10,2%), mentres que un 6,4% traballaba no estranxeiro. A comunidade na que marcharon traballar máis persoas licenciadas nas universidades galegas foi Madrid, sumando un 4%, por diante de Cataluña.
En total, a porcentaxe de universitarios e universitarias egresados en 2010 que residían en 2014 fóra de España (traballando ou non) era do 9,1%, superior á media do conxunto do Estado (7,7%).
Tamén é moi importante a porcentaxe de persoas que nos cinco anos que transcorreran dende o remate das súas carreiras mudaran a súa residencia a outra provincia do Estado: un 29,6% no caso dos licenciados e licenciadas nas universidades galegas, e un 24,9% no conxunto das universidades españolas.
Por carreiras ou ámbitos de estudo, as taxas de emprego máis elevadas rexístranse en Medicina (98%), con boas porcentaxes en Informática (92%), Veterinaria (87%), enxeñarías (83%) e Matemáticas (77%). Pola contra, as áreas de Artes e Humanidades (61%), Educación (67%) e Ciencias Sociais (70%) presentan as menores porcentaxes. En practicamente todas as carreiras e áreas a taxa de emprego dos e das licenciadas das universidades galegas é inferior á media española.
Mentres a media de graduados e graduadas en Galicia que cinco anos máis tarde residían no estranxeiro era do 9,1%, certas carreiras e áreas superan amplamente esa porcentaxe. Nomeadamente as enxeñarías (21%), Comunicación (15%), Matemáticas (14%) e Arquitectura (12%).

Ningún comentario:
Publicar un comentario