A Fundación CEL
Iniciativas por Lugo anunciou esta semana unha achega de seu para
afianzar entre os nosos profesionais e PEME o emprego das tecnoloxías
para as súas accións de promoción, mercadotecnia e mantemento no
tempo de clientes. Trátase
de dous cursos de balde sobre márketing dixital que se van
desenvolver na segunda e terceira semana de setembro. Están
especialmente dirixidos a cooperativas e sociedades laborais de
recente creación, así como a emprendedores de economía social.
Estas accións formativas, deseñadas co apoio da Rede Eusumo e a
Xunta de Galicia, terán lugar nas instalacións da propia Fundación
CEL (Pazo de Feiras e Congresos) en horario de tarde e artellaranse a
través de dous módulos, de iniciación e avanzado.
Os cursos serán
impartidos por un experto profesional do sector de mercadotecnia
dixital, de forma presencial e baixo un formato eminentemente
práctico. Segundo informa a organización acerca dos contidos
xerais, “facilitarase a comprensión da importancia que supón
acometer procesos de transformación dixital nunha organización e a
adquisición de competencias tecnolóxicas básicas; fomentarase a
aprendizaxe para o desenvolvemento dun plan de comunicación dixital
propio, e indicarase como utilizar as principais ferramentas para a
súa integración e posta en marcha”.
Entre outros coñecementos
concretos, a idea é familiarizar aos alumnos coa elaboración dun
plan de comunicación dixital para a súa empresa ou proxecto, coa
creación e xestión do seu propio blog, co mantemento da súa páxina
de Facebook ou conta de Twitter, coa posta en práctica de
estratexias de SEO (Search Engine Optimization, ou sexa
ptimización en buscadores), coa creación de campañas de anuncios
en redes sociais ou co seguimento e análise dos resultados das súas
accións en liña.
Os interesados en asistir
poden inscribirse nun ou os dous cursos, a través do formulario
online na web da Fundación CEL, fundacioncel.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario