A compañía nada na USC cumpre quince anos como vangarda da investigación química en Galicia.
A traxectoria de Galchimia é a demostración palpábel de que o soño dos emprendedores se pode facer realidade, iso si: con moito esforzo detrás e coas ideas moi claras para converter a aposta pola innovación e a internacionalización nun seguro fronte aos vaivéns do mercado. A empresa, que naceu fai máis de quince anos como idea de dous estudantes de Química Orgánica da Universidade de Santiago (USC), Carme Pampín e Jacobo Cruces, acabou consolidada despois do seu nacemento como spin-off.Galchimia conta con 30 empregados e factura 1,8 millóns de eurosA innovación segue a ser o sinal de identidade de Galchimia xa que os encargos dos clientes adoitan consistir na xeración de novas moléculas. Para ‘inventalas‘ é necesario realizar un complexo estudo previo e ver se é factible seguir a dar pasos para culminar o proceso. A empresa asentada no Pino, preto de Santiago, segue a buscar novas vías para diversificar o seu negocio e xerar licenzas de produtos propios. Ademais, mantén proxectos de colaboración con outras empresas tanto do exterior como galegas dentro de programas de apoio á investigación como Horizonte 2020, Interconecta, Madame Curie e Conecta Peme.
Co paso dos anos Galchimia converteuse na marca de referencia do sector químico en Galicia. Pampín destaca que ao longo destes anos se foi consolidando na comunidade autónoma un ‘ecosistema interesante‘ de empresas dentro da rama das Ciencias da Vida que fai posible que Galchimia poida colaborar con outras empresas galegas no terreo da I+D. Nesta liña hai que destacar especialmente o proxecto ONCOGALFARMA, desenvolvido xunto ás empresas AMSlab e Oncostellae, dentro do programa Conecta Peme, para investigar terapias complementarias no tratamento do cancro.
A compañía nada no seo da USC mantén desde o principio a súa aposta polos recursos humanos galegos e preto do 90% do seu persoal procede dalgunha das tres universidades galegas. E ten unha política de baixa rotación dos traballadores e pola súa vinculación co proxecto. A crise económica tamén afectou a Galchimia, especialmente pola súa dependencia da industria farmacéutica. Pampín sinala que a vocación internacional de Galchimia e a súa aposta por desenvolverse noutros sectores, como a agroquímica, foron dous dos factores que axudaron á empresa para superar a crise, que foi especialmente dura no ano 2013.
Ningún comentario:
Publicar un comentario