Turismo de Galicia destinou 45.000 euros á concesión de nove bolsas de prácticas para que os titulados neste área poidan traballar en centros de información ou dedicarse á investigación e así fomentar o seu perfeccionamento profesional, os seus coñecementos e as súas habilidades.
Turismo de Galicia destinou 45.000 euros á concesión de nove bolsas de prácticas para que os titulados neste área poidan traballar en centros de información ou dedicarse á investigación e así fomentar o seu perfeccionamento profesional, os seus coñecementos e as súas habilidades.En concreto, a duración das prácticas tuteladas é de seis meses e sete delas desenvolveranse en oficinas de información turística, segundo indicou a Xunta nun comunicado. Nestas oficinas, os bolseiros serán os encargados de atender o visitante e explicarlle os reclamos turísticos de Galicia, así como de resolver as súas dúbidas ao respecto.
Das sete bolsas ofrecidas neste ámbito, tres dos períodos de prácticas desenvolveranse en Santiago --unha delas para o Centro Internacional de Acollida ao Peregrino--, e os restantes na Coruña, Vigo, Pontevedra e Lugo.
Mentres, as dúas bolsas da área de estudios desenvolveranse no departamento de Estudios de Investigación da dirección de Competitividade para investigar, tratar e analizar os datos do mercado turístico. Así, unha das prazas está especializada en turismo e a outra en estatística.
Ningún comentario:
Publicar un comentario