O volume de Galaxia é froito da colaboración entre investigadoras e investigadores das tres universidades galegas.
Segundo a editorial, trátaxe dun "estudo exhaustivo que pon sobre a mesa unha análise comprometida da realidade profesional e social no eido educativo en Galicia".
Este volume é a continuación doutro libro de análise realizada da etapa comprendida entre os anos 1989 e 2001, o que permite ter en conta neste novo estudo os cambios sociais e os seus efectos sobre os centros e ámbitos educativos.
O volume ten unha perspectiva interdisciplinar e tendo en conta todas as variables que afectan ao terreo educativo e que son relevantes para definir o contexto no que os docentes traballan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario