A recuperación económica é feble ou, cando menos, non é o
suficientemente forte para que poida traducirse nunha alza estable dos
salarios. Tras amosaren, nos dous exercicios anteriores, signos de certa
estabilización e mesmo de lixeiras subas, os salarios galegos volveron caer no ano 2015 coa única excepción do sector industrial, o que maior soldo medio rexistra e no que, ademais, este indicador medrou durante practicamente todos os anos da crise.
Mentres, no resto de sectores a evolución foi diferente. Na construción o salario medio anual pasou de 20.300 euros en 2014 a algo menos de 20.200 en 2015. No sector servizos, o maioritario entre a poboación asalariada do país, o salario medio anual roldou os 18.960 euros tras permanecer en 2013 e 2014 por riba dos 19.000.
Estas cifras dan lugar a un panorama xeral no que os custos laborais galegos seguen a ser dos máis baixos do Estado -só por diante de Extremadura, Canarias, Castilla-La Mancha e a Comunitat Valenciana- e no que, como xa avanzaran os datos salariais avanzados polo IGE o pasado marzo, a fenda salarial entre Galicia e a media estatal está preto dos sues niveis máximos dende o inicio da crise. Así, segundo o INE, o soldo medio español é 3.000 euros maior que o galego, mentres que en 2014 a diferenza era de 2.751 euros e ao inicio da crise, en 2008, duns 2.800 euros.
O salario medio galego ficou en 2015 nos 19.795 euros anuaisSegundo a enquisa de custos laborais que o INE vén de facer pública o salario medio galego ficou en 2015 nos 19.795 euros anuais, uns 60 menos que en 2014. Esta cifra é o resultado medio dun inquérito que, a nivel autonómica, divide a economía en tres grandes sectores: industria, construción e servizos. No sector industrial o persoal percibiu, de media, algo máis de 23.000 euros ao ano, un crecemento duns 200 euros a respecto do ano anterior que deixa a cifra global no seu maior nivel dende 2008.
Mentres, no resto de sectores a evolución foi diferente. Na construción o salario medio anual pasou de 20.300 euros en 2014 a algo menos de 20.200 en 2015. No sector servizos, o maioritario entre a poboación asalariada do país, o salario medio anual roldou os 18.960 euros tras permanecer en 2013 e 2014 por riba dos 19.000.
No sector servizos os custos totais para as empresas aumentaron durante a crise máis que os salarios do persoalEstas cifras danse nun contexto no que, non obstante, os salarios medios son, en todos os sectores, un chisco maiores que no ano 2008. No entanto, no sector servizos prodúcese unha peculiaridade que non revelan os indicadores dos demais sectores. Así, mentres os soldos medios medraron nestes anos en torno a un 5,6% en Galicia e os custes totais que deben asumir as empresas -como cotizacións obrigatorias e outros conceptos- o fixeron en menor proporción, case un 5,2%, no sector servizos a relación é a inversa. Nese sector, do que vive a maioría do persoal asalariado, os soldos incrementáronse un 2,75% nestes anos e os custos para as empresas, case un 3,15%.
Estas cifras dan lugar a un panorama xeral no que os custos laborais galegos seguen a ser dos máis baixos do Estado -só por diante de Extremadura, Canarias, Castilla-La Mancha e a Comunitat Valenciana- e no que, como xa avanzaran os datos salariais avanzados polo IGE o pasado marzo, a fenda salarial entre Galicia e a media estatal está preto dos sues niveis máximos dende o inicio da crise. Así, segundo o INE, o soldo medio español é 3.000 euros maior que o galego, mentres que en 2014 a diferenza era de 2.751 euros e ao inicio da crise, en 2008, duns 2.800 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario