A organización
comparte o premio con todo o profesorado, alumnado, participantes nas
festas finais e institucións que ao longo destes dezaseis anos apoiaron a
actividade
O Correlingua expresa o seu agradecemento
ao xurado do Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña a
iniciativas normalizadoras destinadas á infancia e á mocidade. Desde o
Correlingua valorarmos que este premio vén recoñecer o traballo
realizado polas entidades que promoven o Correlingua: CIG-Ensino, A Mesa
e AS-PG. Este premio tamén recoñece a implicación de todo o profesorado
e alumnado dos centos de centros educativos participantes, sen cuxa
concorrencia esta actividade non sería posíbel.
Esta actividade contou, ao longo destes dezaseis anos, co apoio
de empresas privadas, deputacións e numerosos concellos, entre eles os
concellos de Lugo, Pontevedra e Vigo, que colaboraron
ininterrumpidamente co Correlingua en todos estes anos.
Ademais, o Correlingua vén contando cada ano con persoas recoñecidas do mundo da cultura nas festas finais: como lectoras do manifesto ou como intervinientes nos actos.
O Correlingua comparte este premio con todos e todas: participantes nas actividades, librarías, tendas e institucións colaboradoras e, especialmente, profesorado e alumnado, porque é de todas e todos os que neses días saímos á rúa para compartir o desexo de vivirmos en galego.
O Correlingua naceu no curso 2000-2001 e leva xa 16 anos a percorrer o noso país. Trátase dunha actividade escolar de duración anual que remata cunha festa nas rúas e prazas de diferentes localidades, festas que desde o día 2 ao 16 de maio percorren un promedio de 12 lugares cada ano.
O Correlingua é unha iniciativa que quere avanzar na normalización plena do noso idioma, e para iso ofrece un conxunto de actividades de realización colectiva que teñen o alumnado por protagonista, pois é o alumnado quen elabora a banda deseñada que ilustra a web do Correlingua, os vídeos que compartimos na rede e o manifesto que se le en cada festa final; é o alumnado quen elixe os grupos que actúan na festa final, ou actúa el mesmo, e quen decide os lemas dos estandartes que levan durante a marcha coa que percorren as nosas vilas e cidades.
Levar adiante o Correlingua é un traballo que nos ocupa todo o ano, mais que ten a súa recompensa na participación de centos de centros, e miles de alumnos e alumnas, por volta de 40.000, xa sexa como participantes directos nas festas finais, xa sexa como participantes nos certames que anualmente se convocan.
Agora o recoñecemento vén tamén por medio deste premio que nos dá azos para continuar e para mellorar unha actividade que se marca o obxectivo de pór en valor o noso idioma na franxa de idade que máis sofre a españolización e que conta con menos espazos para o uso normal da nosa lingua.
Un recoñecemento que ten aínda máis valor se consideramos que non contamos con apoio dos organismos que na Xunta de Galicia teñen responsabilidades lingüísticas e educativas e deberían recoñecer e apoiar este tipo de actividades.

Ningún comentario:
Publicar un comentario