A Real Academia Galega (RAG) celebra os días 7 e 19 de xullo, en Santiago de Compostela, dúas sesións en torno ás Irmandades da Fala. O ciclo abordará as súas achegas á prensa, á oratoria e á prosa de non ficción.
Nun comunicado, a RAG explica que haberá dúas mesas redondas do ciclo organizado en torno á figura das Irmandades. En concreto, a primeira será sobre 'Oratoria e prosa non ficcional' e a segunda sobre 'As Irmandades da Fala e a prensa'.
As mesas, de entrada libre, desenvolveranse no Museo do Pobo Galego coincidindo coa itinerancia en Santiago de Compostela da exposición 'Saúde e Terra, irmá(n)s!', na que se fai un percorrido pola historia e o legado das Irmandades.
A primeira, o 7 de xullo, a partir das 19,30 horas, contará coas intervencións do presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, e o profesor do Departamento de Teoría de Literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Arturo Casas, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario