O último informe revela unha caída española ao posto 21, en igual posición que Grecia e Hungría.
A semana pasada déronse a coñecer os resultados de 2016 do Cadro europeo de indicadores da innovación da Comisión Europea que revelan a perda de posicións de España neste segmento. A puntuación española no índice sintético de innovación foi de 0,361, o que lle sitúa por baixo da media de 0,521 do conxunto de países europeos, e moi afastado de Suecia, que lidera a clasificación cun 0,703.España é o terceiro país que máis retrocedeu dende o inicio da criseSegundo os datos da CE, España é o terceiro país, xunto a Lituania, que máis retrocedeu en innovación desde o inicio da crise en 2008 -por detrás de Romanía e Hungría-. Desde ese ano, perdemos anualmente unha media do 0,8% de rendemento en I+D. Con estes resultados, o España cae ao posto 21 na táboa, empatando con Grecia e Hungría.
Durante este período, no conxunto da UE o rendemento da innovación mellorou anualmente unha media do 0,7%. Case todos os países rexistraron variacións positivas, destacando Letonia, que avanzou un 4%.
España sitúase por baixo da media da UE28, na maioría dos indicadores que analiza a institución para elaborar o índice.
A comisión tamén pon de relevo que o investimento e o financiamento da I+D española caeu unha media anual do 5,7% desde 2008. Segundo o documento, o investimento do sector público experimentou un crecemento do 0,8% cada ano, pero a procedente de capital de risco caeu unha media anual do 11% desde 2008.
Con todo, a CE valora positivamente a mellora de España en recursos humanos e destaca o incremento do número de graduados e doutores no ámbito da innovación, cun crecemento anual do 10% desde 2008. Pero un maior número de titulados está moi lonxe de traducirse en postos de traballo científicos. Outro bo dato son as publicacións científicas internacionais que subiron un 8,7%. Nos centros de investigación saben ben que, cando mingua a financiación de proxectos en laboratorio, a publicación é unha actividade refuxio. “Cando non hai cartos para reactivos, saen moitos papeis dos caixóns é chega o momento de escribir”, resume un científico.
A Comisión destaca que nos países de moderada innovación -entre os que se atopa o España- existen núcleos rexionais de innovación: o País Vasco en España, Piamonte e Friul-Venecia Julia en Italia, e Bratislava en Eslovaquia.
España mellora en recursos humanos e publicacións científicasEn áreas de innovación determinadas, os líderes da UE son: Suecia: recursos humanos e calidade da investigación académica; Finlandia: condicións marco financeiras; Alemaña: investimento privado en innovación; Bélxica: redes de innovación e colaboración; Irlanda: innovación nas pequenas e medianas empresas.
O organismo subliña que o principal factor para converterse nun líder de innovación é a implantación dun sistema de innovación equilibrado que combine un nivel axeitado de investimentos públicos e privados, asociacións de innovación eficaces entre empresas e entidades docentes, así como unha sólida base educativa e investigación de excelente calidade. O impacto económico da innovación debe manifestarse en termos de vendas e exportacións de produtos innovadores e tamén de emprego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario