A CIG denuncia que nestes 5 anos Educación suprimiu 59 escolas e 398 unidades.
Máis recortes e de novo ás portas do verán. A CIG-Ensino vén de facer un “estudo de urxencia” sobre o catálogo publicado a pasada sexta feira no DOG pola Consellaría de Educación. En base a esta análise o sindicato nacionalista afirma que a Xunta suprime 13 escolas unitarias; 5 unidades e postos de traballo nos Centros Rurais Agrupados; 66 unidades e 115 postos de traballo en Centros de Educación Infantil e Primaria, que se corresponde con 30 unidades de Educación Infantil e 36 de Educación Primaria.
Chove sobre mollado
En cinco anos a Consellaría de Educación leva suprimidas 59 escolas e 398 unidades. Uns recortes, denuncian desde a CIG, que se aplican mentres se manteñen ou incrementan os orzamentos destinados á privada.”A consellaría segue adiante coa política de desmantelamento do ensino público”. Un desmantelamento que “incide especialmente na atención ás necesidade educativas específicas e que vai redundar na masificación das aulas debido ao incremento das rateos e a imposibilidade de realizar desdobres”, denuncia.
Uns recortes, denuncian desde a CIG, que se aplican mentres se manteñen ou incrementan os orzamentos destinados á privadaDos 133 postos suprimidos, 10 son de departamentos de orientación, “o que significa que 10 centros perden os seus orientadores a tempo completo. Ademais suprímense tamén 16 postos de orientadores compartidos. É dicir, 26 centros empeoran a súa dotación para atender as necesidades educativas específicas. A isto engade a supresión doutros 9 postos de Pedagoxía Terapéutica e Audición e linguaxe”.
Chove sobre mollado
En cinco anos a Consellaría de Educación leva suprimidas 59 escolas e 398 unidades. Uns recortes, denuncian desde a CIG, que se aplican mentres se manteñen ou incrementan os orzamentos destinados á privada.”A consellaría segue adiante coa política de desmantelamento do ensino público”. Un desmantelamento que “incide especialmente na atención ás necesidade educativas específicas e que vai redundar na masificación das aulas debido ao incremento das rateos e a imposibilidade de realizar desdobres”, denuncia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario