O minguante mercado laboral galego experimenta unha lixeira recuperación, pero o camiño aínda semella longo.
A Enquisa de Poboación Activa (EPA) do segundo trimestre do ano amosa
un descenso dunhas 5.000 persoas desempregadas a respecto do trimestre
anterior e, nun contexto marcado polas contratacións do verán, o estudo
amosa un indicador pouco habitual nos últimos anos. O número de persoas
ocupadas, as que teñen traballo, aumentou en maior medida que o descenso
do paro, en case 13.000. Trátase, polo tanto, dun dos primeiros
síntomas de recuperación da poboación activa -a suma de quen traballan e
de quen buscan traballo- dende o inicio dunha crise que destruíu no
país uns 230.000 postos de traballo.
Os datos difundidos este mércores amosan que 222.900 persoas estaban en xuño a buscar traballo en Galicia mentres que 1,03 millóns estaban a traballar. Isto implica que o colectivo en situación de desemprego se reduciu en 29.600 persoas durante os últimos doce meses, se ben o incremento do emprego nese período foi de 24.100. O mercado laboral segue, polo tanto, facéndose máis pequeno en termos interanuais e experimenta crecementos do emprego que remontan a respecto do máis profundo da crise, pero que aínda o deixan lonxe dos anos con maiores niveis de emprego.
Os datos da EPA reflicten que o incremento do emprego no último ano e no último trimestre se distribúe de xeito dispar entre os sectores da economía. Así, o sector servizos -o maioritario no país e tamén o de menores salarios- rexistra un incremento de 13.000 empregos a respecto do trimestre anterior, suba que chega ás 25.000 en termos interanuais. No entanto, o sector da construción perde efectivos, 1.500 intertrimestrais e 3.700 interanuais. Na industria a destrución de emprego foi de case 4.000 postos interanuais, mentres que con relación ao trimestre anterior se rexistra un leve incremento de 100 empregos. Na agricultura, pola súa banda, a EPA recolle case 7.000 empregos máis que hai un ano e 1.300 máis que hai tres meses.
A EPA de xuño debuxa así un panorama no que tamén retroceden os fogares con todos os seus membros en situación de desemprego, cuantificando 75.700 fronte aos 80.200 de hai tres meses e os case 87.000 de xuño de 2015. No entanto, onde a situación aínda non ofrece signos de recuperación estable é entre a poboación xuvenil. A taxa de paro entre a mocidade galega -poboación de 16 a 29 anos- aumentou en algo máis de dous puntos no segundo trimestre, do 31,4% ao 33,5%, se ben é algo menos dun punto inferior á do ano pasado. Mentres, a taxa de ocupación redúcese en termos intertrimestrais: do 35,5% ao 34,7%, e mantense seis décimas por riba da do mesmo trimestre de 2015.

Galicia rexistra 29.600 persoas paradas menos que hai un ano e 24.100 máis con traballo, polo que a poboación activa segue minguando en termos interanuaisAsí, o panorama é agora mellor que a principios de 2014, cando a poboación activa galega tocou o que foi o seu fondo neste período, con 982.800 persoas a traballar, case 230.000 menos que ás portas da crise cando, no terceiro trimestre de 2008, o país chegou a rexistrar 1,2 millóns de persoas ocupadas. Os niveis de ocupación seguiron a experimentar altos e baixos nos dous seguintes exercicios, se ben no último ano lograron manterse por riba da barreira do millón de persoas ocupadas.
Nos catro anos de reforma laboral reducíronse no país o paro e o empregoUnha ollada ao mercado de traballo de Galicia dende o seu último gran cambio normativo, o promovido pola reforma laboral de 2012, revela igualmente que tamén neste escenario hai camiño por andar. Hai exactamente catro anos, cando o proxecto do Goberno de Rajoy daba os seus primeiros pasos, estaban a traballar en Galicia 8.000 persoas máis que na actualidade, segundo a EPA, estudo homologado a nivel internacional para avaliar o mercado de traballo. No entanto, a cifra de paro tamén é menor, cunha redución de 53.000 persoas: de case 276.000 ás arredor de 223.000 que reflicte agora, o que indica tamén que tras uns meses de inversión da tendencia, a EPA volve reflectir máis paro en Galicia que os datos de inscrición nas oficinas de emprego, o paro rexistrado.
Os datos da EPA reflicten que o incremento do emprego no último ano e no último trimestre se distribúe de xeito dispar entre os sectores da economía. Así, o sector servizos -o maioritario no país e tamén o de menores salarios- rexistra un incremento de 13.000 empregos a respecto do trimestre anterior, suba que chega ás 25.000 en termos interanuais. No entanto, o sector da construción perde efectivos, 1.500 intertrimestrais e 3.700 interanuais. Na industria a destrución de emprego foi de case 4.000 postos interanuais, mentres que con relación ao trimestre anterior se rexistra un leve incremento de 100 empregos. Na agricultura, pola súa banda, a EPA recolle case 7.000 empregos máis que hai un ano e 1.300 máis que hai tres meses.
A EPA de xuño debuxa así un panorama no que tamén retroceden os fogares con todos os seus membros en situación de desemprego, cuantificando 75.700 fronte aos 80.200 de hai tres meses e os case 87.000 de xuño de 2015. No entanto, onde a situación aínda non ofrece signos de recuperación estable é entre a poboación xuvenil. A taxa de paro entre a mocidade galega -poboación de 16 a 29 anos- aumentou en algo máis de dous puntos no segundo trimestre, do 31,4% ao 33,5%, se ben é algo menos dun punto inferior á do ano pasado. Mentres, a taxa de ocupación redúcese en termos intertrimestrais: do 35,5% ao 34,7%, e mantense seis décimas por riba da do mesmo trimestre de 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario