Medra a temporalidade e mantense un alto índice de paro xuvenil e de longa duración
O mercado laboral galego non dá síntomas
de recuperación e continúa a destruír emprego, tal e como amosan os
datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do segundo trimestre de 2016.
O noso país contabiliza un total de 5500 activos/as menos con respecto
ao mesmo período do ano anterior, ao tempo que rexistra un incremento da
temporalidade e mantén un alto índice de paro xuvenil e de longa
duración.
Como vén sendo habitual no segundo
trimestre de cada ano, as cifras da EPA deixan ver de novo un
incremento da poboación ocupada e un descenso da parada; a situación
explícase polo feito de que se trata de contratación ligada ao
período estival, e polo tanto aos servizos, o único sector que
rexistra un comportamento positivo.
A lixeira
recuperación de activos/as, con 7900 máis que no trimestre pasado, non
se mantén con respecto ao ano anterior, xa que a nivel interanual
continúa a perda de poboación activa, concretamente 5500 activos/as
menos.
Ao mesmo tempo, o incremento da poboación
ocupada (un total de 12.900 persoas), prodúcese case exclusivamente no
sector servizos, onde a ocupación medra en 13.000; na construción
prodúcese unha perda de ocupados/as, 1500 persoas menos, mentres que a
industria non rexistra variación.
O feito de que a
práctica totalidade do incremento da ocupación sexa no sector servizos,
así como que a maioría dos contratos fosen temporais, demostra o
carácter meramente conxuntural desta evolución
As principais variábeis evolucionaron
da seguinte maneira:
|
2015/II
|
2016/I
|
2016/II
|
Variación
trimestral
|
Variación
interanual
|
|
|
Total
|
Total
|
Total
|
Absoluta
|
Relativa
|
Absoluta
|
Total
|
2.360,20
|
2.351,10
|
2.349,50
|
-1,60
|
-0,1
|
-10,70
|
Activos
|
1.262,40
|
1.249,00
|
1.256,90
|
7,90
|
0,6
|
-5,50
|
Poboación
ocupada
|
1.009,90
|
1.021,10
|
1.034,00
|
12,90
|
1,3
|
24,10
|
Poboación
parada
|
252,5
|
227,9
|
222,9
|
-5,00
|
-2,2
|
-29,60
|
Inactivos
|
1.097,80
|
1.102,20
|
1.092,50
|
-9,70
|
-0,9
|
-5,30
|
Fonte: EPA. INE
Outro
dos factores negativos do comportamento do paro ten que ver con que a
pesar de que o número de parados reduciuse en 5000 persoas, persiste unha
taxa de desemprego xuvenil do 52,1%; ademais, o 44% dos parados/as
levan máis de dous anos nesta situación. E un total de 75.700
familias teñen a todos os seus membros activos no paro.
Atendendo
a estes datos, dende a secretaría confederal de Emprego e Industria
da CIG inciden no fracaso das sucesivas reformas laborais aplicadas
polos Gobernos do PSOE e do PP, xa que serviron unicamente para
devaluar os salarios e precarizar as condicións de traballo.
Neste
senso, o seu responsábel, Miguel Malvido, alerta de que as
conecuencias destas reformas deixan o noso país nunha situación
social insostíbel, “con milleiros de traballadores/as no límite
da pobreza e en risco de exclusión, xa que na actualidade contar cun
salario non garante unha vida digna”.
Finalmente,
Malvido fai fincapé na alta temporalidade do emprego, que non deixa
de medrar mes a mes, así como na elevadísima taxa de desemprego
xuvenil e de longa duración. “Non pode ser que haxa case 76.000
familias con todos os seus membros no paro, xa que isto quere dicir
que nos atopamos diante dunha situación sociolaboral moi grave”,
remata.
Ningún comentario:
Publicar un comentario