A Deputación concedeu este premio na categoría de normalización da lingua en infantil e xuvenil a Correlingua e as escolas 'Semente'.
Correlingua expresa o seu agradecemento ao xurí do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña a iniciativas normalizadoras destinadas á infancia e á mocidade.
Un galardón que, afirman, recoñece as entidades que a
promoven, CIG-Ensino, A Mesa e AS-PG, mais moi especiañlmente a
implicación do profesorado e alumnado dos centos de centros educativos
participantes, “sen cuxa concorrencia esta actividade non sería
posíbel”. Ao longo destes 16 anos a iniciativa contou co apoio de
empresas privadas, deputacións e numerosos concellos, entre eles os de
Lugo, Pontevedra e Vigo, que colaboraron ininterrumpidamente co
Correlingua en todos estes anos.
O Correlingua naceu no curso 2000-2001 e leva xa 16 anos a percorrer o noso país. É unha actividade escolar de duración anual que remata cunha festa nas rúas e prazas de diferentes localidades, festas que desde o día 2 ao 16 de maio percorren un promedio de 12 vilas e cidades cada ano. “Levar adiante o Correlingua é un traballo que nos ocupa todo o ano, mais que ten a súa recompensa na participación de centos de centros, e miles de alumnos e alumnas, por volta de 40.000, xa sexa como participantes directos nas festas finais, xa sexa como participantes nos certames que anualmente se convocan”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario