INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
venres, 8 de xullo de 2016
Exposicións Saúde e terra, irmá(n)s!
Viaxamos cen anos atrás para ver e oír o momento do nacemento das
Irmandades da Fala, un movemento político e cultural que marcou para
sempre a historia do país. Dez temas estruturan a mostra na que se poden
ver publicacións, documentos, imaxes e obxectos, alén de escoltar
gravacións musicais e discursos. Son 130 obxectos, entre os que poden
encontrar curiosidades como os lentes de Vicente Risco, a máquina de
escribir de Valentín Paz Andrade, o violín de Antón Losada Diéguez,
doado por Manuel Quiroga…
A mostra realizouse entre a Real Academia Galega, a Deputación da Coruña
e o propio Museo do Pobo Galego que agora acolle esta exposición, entre
outras fundacións e entidades que prestaron a súa axuda.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario