Un terzo dos fogares galegos teñen como ingreso principal os procedentes das persoas de máis de 65 anos.
Máis da metade das pensións galegas fican por baixo dos 655 euros que marca o salario mínimo interprofesional (SMI). Son, según un estudo de UGT-Galiza, 256.082, o que supón o 54,7% do total das rexistradas no noso país.
No conxunto do Estado o peso deste tramo de pensións representa 39,3%,
son máis de 15 puntos de diferenza comparado coa porcentaxe das galegas.
A peor cobertura das contías das pensións en Galiza respecto ao
conxunto do Estado tamén se reflicte se analizamos un dato como o do
número de pensións de xubilación por baixo de 1.000 euros ao mes,
incluíndo así o tramo anterior, acada o 73,1% en Galicia e no Estado o
60,6%.
Ademais, afirma o sindicato socialista en base aos datos do IGE, 303.666 fogares galegos teñen como sustentador principal a persoas de máis de 65 anos, o que supón un terzo do total. O desemprego, os baixos salarios e as pensións (baixas) marcan a realidade nunha parte importante das familias galegas.
De 2011 a 2015 as pensións menores de 1.000 euros só gañaron un 0,1%, mentres que as que superaban esa cifra perderon un 3,8% do seu poder adquisitivo. Unha situación, lembran no informe, á que hai que sumar medidas que repercutiron directamente sobre o peto dos pensionistas, como o copagamento sanitario, ou o incremento do desemprego, que converteu a moitos dos nosos pensionistas na única fonte de ingresos dos seus fogares. UGT considera que as reformas sobre pensións que o Goberno do PP levou a cabo durante esta última lexislatura “debilitaron intencionadamente a nosa Seguridade Social. Como consecuencia das devanditas reformas, considérase que, a medio e longo prazo, de media, os pensionistas verán reducida a súa pensión entre un 15% e un 26%”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario