O orgasnismo negoulle unha axuda pública aos concellos de Santiago, Teo e Santa Comba por utilizaren o galego.
A Mesa pola Normalización Lingüística impulsa unha campaña nas redes sociais contra a chantaxe lingüística e pedindo a demisión dos responsábeis do Instituto de Desenvolvemento do Aforro de Enerxía dependente do Ministerio de Industria por denegar axudas económicos a concellos galegos pro presentar documentación en galego.
“O racismo lingüístico ten consecuencias graves, neste caso a perda de millóns de euros públicos para a cidadanía de Santiago, Teo e Santa Comba, ao lle ser negada tanto a subvención como a posibilidade de aforrar en enerxía e destinar eses recursos ao seu desenvolvemento”, denuncia a MNL. Por iso entende que “os responsábeis do IDAE deben demitir ou seren cesados porque non se pode consentir o manexo de diñeiro público por fanáticos contrarios á existencia da lingua e que utilizan organismos públicos para satisfacer as súas fobias contra linguas como a galega”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario