Catedrático de Análise Xeográfica da USC advirte das consecuencias do que non dubida de cualificar como “a sangría demográfica galega”. Os datos do INE indican que só en 2015 tiveron que abandonar Galiza perto de 25.000 persoas. “Iso ten consecuencias a corto e longo prazo”.
A Estatística de migracións que vén de publicar o INE indica que o ano pasado marcharon de Galiza perto de 25.000 persoas, 10.000 ao estranxeiro e case 15.000 a outros territorios do Estado. Desde 2009, un total de 202.052 galegos tiveron que coller as maletas.- Perto de 25.000 persoas tiveron que abandonar Galiza en 2015. Unha cifra para nada pequena que se vén sumar a outras cifras tampouco para nada pequenas dos anos anteriores.
-O primeiro que confesan esas cifras é que, contrariamente ao que se nos está a dicir, a crise non acabou. Non rematou nun aspecto tan importante como é o do emprego, por moito que haxa datos macroeconómicos que aponten a mellorías na economía. Nun mercado cada vez máis globalizado a xente moza vai atopar fóra o que non encontra aquí, en Galiza. E levamos anos así, con esta sangría demográfica. Aquí o emprego que se crea é pouco, precario, pouco cualificado... Galiza non pode así ofrecer unha estratexia de vida para a xente moza que, perante este escenario, opta por marchar. Eu mesmo estou por crer que hai un interese político do poder en todo isto, en ficar cun país aventellado e sen mocidade. Non se entende que esteamos a expulsar xente nova, cualificada, e que non haxa nin unhas mínimas medidas para intentar reverter iso. Galiza carece de política demográfica e iso é un fracaso.
AXunta non están a facer nada, hai unha deixadez de responsabilidades tremenda- Esta emigración continuada e masiva vai pasar factura tanto a curto como a longo prazo. Cal serían as rincipais consecuencias?
Unha xa a estamos a notar, o avellentamento demográfico. Temos un país cunha porcentaxe moi elevada de maiores de 65 anos. Non vai ser difícil cambiar esa tendencia, teriamos que ter fluxos importantes de inmigración e iso non é o caso nin agora nin se prevé que en breve. Unha poboación moi vella implica, entre outras cuestións, un gasto importante. Tampouco podemos esquecer que estamos a facer investimentos importantes en educar e preparar unha mocidade que despois expulsamos para que vaian traballar a outras economías, desprendémonos de man de obra cualificada en cuxa formación investimos e ficamos cunha economía cada vez máis precarizada.
- Mais reverter a situación non será algo doado. Que sería o primeiro a facer para trazar as liñas que permitan dar a volta a esta tendencia?
Eu creo que deberiamos ter moi clara unha política decidida de emprego e demográfica. E isto implica unha política na que as administración teñen que implicarse, ten que haber gasto público: en políticas activas de emprego, en actuacións concretas e decididas naquelas comarcas demográficamente en peor situación. Porque neste país o que está a acontecer é grave, é un desastre. Nomeadamente no interior, a Galiza interior está a ser a gran perdedora, co despobomento, avellentada...
- Feijóo insiste en tirarlle ferro á situación. Afirma que o saldo migratorio é positivo para Galiza ou que o importante, máis que frear a emigración, é ter máis fillos
Non están a facer nada, hai unha deixadez de responsabilidades tremenda. Aquí o único que lles importou foi a austeridade, cadrar as contas aínda que iso supoña que o país se desangra. Como se pode relativizar a importancia da constante perda de poboación que sofremos? Como se pode minimizar a emigración?
Ningún comentario:
Publicar un comentario