As microempresas galegas con páxina web creceron
un 20% no último ano e sitúanse
no 4º posto no ranking por Comunidades Autónomas. Ademais, as empresas
deste segmento experimentaron un incremento do 8% na contratación de banda
larga móbil. Estas son algunhas das conclusións que se extraen da enquisa sobre O uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2015/2016
publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que vén de
analizar o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de
Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de
Galicia (AMTEGA).
Un 33,2% das microempresas con conexión a Internet dispón de páxina web, experimentando un crecemento do 20,5% no último ano e situándose en valores superiores á media estatal (31,5%). Estes datos permiten situar as microempresas galegas no cuarto posto no ranking de Comunidades Autónomas en dispoñibilidade de páxina web.
En relación ao uso das redes sociais: un 28,6% das microempresas galegas con conexión a Internet empregan as redes sociais, fronte ao 30,4% da media estatal En relación ao uso de ordenador e Internet, un 64,7% das microempresas galegas dispón de ordenador, fronte ao 74,5% do Estado e o 57,4% dispón de conexión a Internet.
En valores próximos á media estatal sitúase a interacción das microempresas galegas coas Administracións Públicas a través de Internet: a media galega sitúase nun 67,6% fronte ao 69,4%% da media estatal.
.
Case oito de cada dez grandes empresas galegas (79,4%) con conexión a Internet ten contratado o servizo de acceso á Rede a través de telefonía móbil de banda larga.
En canto á velocidade de conexión a Internet contratada, un 58,52% das empresas galegas de 10 ou máis asalariados conta cunha velocidade entre 2 Mbps e 30 Mbps, superando a media estatal (54,03%) en 4,49 puntos porcentuais. Ademais, cabe destacar que o 37% das empresas galegas deste segmento ten contratado o acceso a Internet con velocidades de máis de 30 Mbps.
Un 86,8% das empresas galegas de 10 e máis empregados empregan software de código aberto, superando lixeiramente á media estatal e experimentando un crecemento do 2,4% no último ano. O 76,3% das empresas deste segmento dispón de páxina web, situándose en valores próximos á media estatal (77,5%).
En relación ás tecnoloxías cloud, Un 11,46% das empresas galegas de 10 e máis traballadores compraron algún servizo de Cloud Computing. Por outra banda, cabe salientar un uso elevado da sinatura dixital nas grandes empresas galegas: un 71,9% das empresas galegas de 10 ou máis empregados/as que usaron a sinatura dixital.
As grandes empresas galegas comezan tamén a realizar análises Big Data e actualmente xa un 6,8% destas empresas analizaron Big Data fronte ao 8,5% da media estatal.
O uso das TIC nas microempresas galegas
A enquisa sinala que entre as microempresas que contan con conexión a Internet, un 87,7% dispón de banda larga fixa e un 64,8% de banda larga móbil, un 8% máis que no ano anterior. A contratación de banda larga fixa supera a media estatal (86%) en 1,7 puntos, o que permite situar as microempresas galegas no quinto posto no ranking de Comunidades Autónomas neste indicador.Un 33,2% das microempresas con conexión a Internet dispón de páxina web, experimentando un crecemento do 20,5% no último ano e situándose en valores superiores á media estatal (31,5%). Estes datos permiten situar as microempresas galegas no cuarto posto no ranking de Comunidades Autónomas en dispoñibilidade de páxina web.
En relación ao uso das redes sociais: un 28,6% das microempresas galegas con conexión a Internet empregan as redes sociais, fronte ao 30,4% da media estatal En relación ao uso de ordenador e Internet, un 64,7% das microempresas galegas dispón de ordenador, fronte ao 74,5% do Estado e o 57,4% dispón de conexión a Internet.
En valores próximos á media estatal sitúase a interacción das microempresas galegas coas Administracións Públicas a través de Internet: a media galega sitúase nun 67,6% fronte ao 69,4%% da media estatal.
Empresas galegas de 10 ou máis asalariados
A práctica totalidade das empresas de 10 ou máis asalariados de Galicia dispón de ordenador (98,6%), conexión a Internet (97,9%) e banda larga (99,5%), todos estes indicadores en valores semellantes á media estatal.
Case oito de cada dez grandes empresas galegas (79,4%) con conexión a Internet ten contratado o servizo de acceso á Rede a través de telefonía móbil de banda larga.
En canto á velocidade de conexión a Internet contratada, un 58,52% das empresas galegas de 10 ou máis asalariados conta cunha velocidade entre 2 Mbps e 30 Mbps, superando a media estatal (54,03%) en 4,49 puntos porcentuais. Ademais, cabe destacar que o 37% das empresas galegas deste segmento ten contratado o acceso a Internet con velocidades de máis de 30 Mbps.
Un 86,8% das empresas galegas de 10 e máis empregados empregan software de código aberto, superando lixeiramente á media estatal e experimentando un crecemento do 2,4% no último ano. O 76,3% das empresas deste segmento dispón de páxina web, situándose en valores próximos á media estatal (77,5%).
Integración máis avanzada na eAdministración
A enquisa do INE permite concluír que as grandes empresas galegas realizan procedementos máis complexos que en anos anteriores coas Administracións Públicas a través de Internet: un 83,9% das empresas galegas de 10 e máis empregados interactuou coas AAPP a través de Internet para obter formularios, un 5,6% máis que o ano anterior e un 75,1% devolveu impresos cumprimentados á Administración a través de Internet, experimentando un crecemento no último ano do 5,3%. En ambos os dous indicadores de eAdministración a media galega supera lixeiramente a media estatal.Modelo de xestión empresarial: Cloud computing, sinatura dixital e redes sociais
As redes e medios sociais son outro dos fenómenos ligados ás TIC que analiza o OSIMGA a través dos datos do INE. Un 35,5% das empresas galegas de 10 e máis empregados utilizaron algún tipo de medios sociais (Facebook, Linkedin, Google+, etc), experimentando un incremento do 8,7% no último anoEn relación ás tecnoloxías cloud, Un 11,46% das empresas galegas de 10 e máis traballadores compraron algún servizo de Cloud Computing. Por outra banda, cabe salientar un uso elevado da sinatura dixital nas grandes empresas galegas: un 71,9% das empresas galegas de 10 ou máis empregados/as que usaron a sinatura dixital.
As grandes empresas galegas comezan tamén a realizar análises Big Data e actualmente xa un 6,8% destas empresas analizaron Big Data fronte ao 8,5% da media estatal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario