Detrás do colectivo está un grupo de pais involucrados na educación dos seus fillos que busca organizar actividades diferentes.
En Lalín presentouse onte unha nova asociación, Medrar 2.0. Detrás do
colectivo está un grupo de pais involucrados na educación dos seus
fillos que busca organizar actividades diferentes, co obxectivo de
favorecer un clima de diálogo e convivencia doméstica. En especial en
etapas máis conflitivas como a preadolescencia e adolescencia. Teñen
previsto manter reunións por zonas, invitando a AMPAs, asociacións de
índole educativa ou familias directamente interesadas. Pero xa desde
este próximo luns activaranse cursos de técnicas de estudo, con grupos
dun mínimo de dez estudantes. Os interesados en informarse sobre esta
iniciativa poden chamar ao teléfono 651 974 089 ou a través do correo
electrónico medrarlalin@gmail.com. Por outra banda, o día 24 haberá un
taller de escoita activa e un taller de autoestima e relación entre
rapaces, con inscrición igual que para os grupos de estudos. Tamén ese é
o método para apuntarse e participar o día 25 no pavillón municipal,
desde as 15.30 horas, na iniciativa Bocadillos de toxos. Consistirá en
xogos en equipo de pais e fillos, compartindo tamén unha merenda. Desde
Medrar 2.0 agradeceron a colaboración do Concello de Lalín, que achega a
axuda da educadora familiar e cede o pavillón un domingo ao mes. Os
interesados en coñecer máis detalles sobre a asociación poden acceder
tamén á súa páxina en Facebook.
Ningún comentario:
Publicar un comentario