O informe lembra que aínda que está en vigor a moratoria da CRUE ao modelo 3+2, "hai universidades que están a elaborar novos plans de estudos en función desta norma"O informe comeza facendo fincapé na proposta do Ministerio que permitiría reestruturar os actuais estudos universitarios reducindo a 3 anos a duración dos graos e incrementando a 2 o dos máster, o modelo 3+2 que beneficiaría os centros privados. Lembra que aínda que está en vigor a moratoria aprobada pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), que adía a aplicación do novo modelo, "hai universidades que están a elaborar novos plans de estudos en función desta norma".
Entre 1997 e 2015 o número de universidades privadas en España pasou de 13 a 33Salienta igualmente que este curso entra en vigor o Real Decreto sobre creación e recoñecemento de universidades e centros universitarios, inspirado na Lei 20/2013, de garantía da unidade de mercado. Esta norma flexibiliza as condicións para a creación de novos campus privados Entre 1997 e 2015 o número de universidades privadas en España pasou de 13 a 33, e recentemente asistimos á súa chegada a Galicia. CC.OO. subliña o paradoxo entre este crecemento e as mensaxes lanzadas polo Goberno central, "que fala insistentemente da necesidade de reducir o que considera un número excesivo de titulacións e centros".
Os centros privados incrementaron a súa cota de mercado nos máster ata acadar un 30,19%CC.OO. alerta da crecente penetración dos centros privados nos estudos de máster. Segundo os datos provisionais ofrecidos polo Ministerio de Educación, estas entidades incrementaron a súa cota de mercado ata acadar un 30,19%. O alumnado segue baixando nas universidades españolas, especialmente nas públicas, que, desde o curso 2011-12, perderon máis de 77 mil estudantes. En Galicia tamén se produciu neste tempo un importante descenso, pasando dos 67 mil alumnos e alumnas no curso 2011-12 aos actuais 61 mil.
08-09 | 09-10 | 10-11 | 11-12 | 12-13 | 13-14 | 14-15 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º e 2º ciclo e grao | 65.561 | 65.860 | 64.988 | 63.200 | 61.671 | 59.353 | 56.160 |
Máster | 2.078 | 3.731 | 4.720 | 4.743 | 4.893 | 5.501 | 5.566 |
Menos profesorado e máis precario
Nos últimos tres cursos o número de PDI nas universidades da Coruña, Santiago e Vigo caeu en case 400 persoas, un 6,8% do totalO retroceso da universidade pública comeza a ser claro en moitos indicadores estatísticos, entre eles o do número de docentes e investigadores e investigadoras contratadas. Dende o curso 2010-11 hai nos centros públicos 4.758 menos, un 4,5%; nese mesmo período o profesorado e o persoal investigador nas universidades privadas incrementouse en 4.441 persoas, unha suba de máis dun 45%, segundo os datos oficiais do Ministerio.
En Galicia a caída do número de traballadores e traballadoras nas universidades públicas é aínda máis importante en termos relativos. Nos últimos tres cursos o número de PDI nas universidades da Coruña, Santiago e Vigo caeu en case 400 persoas, un 6,8% do total. Tamén se reduciu o número de PAS, aínda que en menor medida.
As universidades substitúen "profesorado funcionario por docentes con contratos laborais que na maioría dos casos son temporais e a tempo parcial", sinala CC.OO.Aínda que no último ano do que existen datos oficiais, 2014, houbo un incremento do 9% no número de contratacións de persoal docente e investigador, a Federación de Ensino de CCOO explica que este aumento agocha "a substitución de emprego fixo e de calidade por precario, posto que se substitúe a profesorado funcionario por docentes con contratos laborais que na maioría dos casos son temporais e a tempo parcial", unha práctica produto "das limitacións da taxa de reposición de traballadores e traballadoras imposta polo Goberno".
Menor investimento, menos bolsas
O informe lembra que desde 2010 a 2014 a universidade española enumerou catro anos consecutivos de caída orzamentaria, ata chegar ao ano 2015, cando se produce un lixeiro crecemento, que nin sequera recupera o nivel acadado en 2013. En total, entre 2010 e 2015, os orzamentos das universidades públicas españolas acumulan unha caída do 13,7%. Ademais, o investimento en I+D+i diminuíu un 33,8% entre 2009 e 2015.As tres universidades galegas recibiron en 2015 da Xunta 79 millóns de euros menos que en 2009En Galicia a situación non é mellor: Os orzamentos da USC e da UDC caeron entre 2010 e 2015 por riba da media de todo ou Estado: un 18,7% e un 15,6%, respectivamente. A evolución da Universidade de Vigo, tamén negativa, foi algo mellor: -6,1%. En total, as tres universidades galegas recibiron en 2015 79 millóns de euros menos que en 2009. O recente acordo acadado coa Xunta, a través do Plan de Financiamento 2016-2020, mellora algo a situación no noso país, cun incremento do 17% dos fondos da USC, a UDC e a UVIGO.
CC.OO. tamén denuncian que "a pesar da propaganda do Ministerio de Educación, os datos confirman que continúa a diminución de bolsas e axudas e o endurecemento dos requisitos para acceder a estas". Entre os cursos 2011-12 e 2014-15 reduciuse o investimento en bolsas no conxunto do Estado en máis de 208 millóns de euros, un 13%.
Efectos perversos das novas normas de contratación
Entre os cursos 2011-12 e 2014-15 reduciuse o investimento en bolsas no conxunto do Estado en máis de 208 millóns de euros, un 13%CC.OO. critica tamén a recente reforma da Lei de Universidades a través dun Decreto-Lei, uns cambios normativos nas posibilidades de contratación e promoción interna levados a cabo "sen debate, sen consenso coa comunidade universitaria, sen diagnóstico e sen avaliación". Para o sindicato, estas medidas "poden provocar novas tensións nas universidades públicas", como xa destacaba hai uns días Carlos Amoedo nun artigo, ao vincular "o límite das prazas ofertadas a promoción coas prazas de funcionarios ofertadas en quenda libre". O informe lembra que a actual lexislación "establece que no límite da taxa de reposición correspondente aos corpos de catedrático de universidade e de profesor titular de universidade debe incluír obrigatoriamente que, polo menos, un 15% do total de prazas que oferte a universidade debe ser para a contratación, como persoal laboral fixo, de persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal".
O sindicato alerta de que os últimos cambios normativos nas posibilidades de contratación e promoción interna "poden provocar novas tensións nas universidades públicas"Segundo o sindicato, esta situación podería provocar que as universidades "en función da presión dos diferentes colectivos optasen por convocar na Oferta Pública de Emprego o maior número de prazas posible de funcionarios para poder convocar promocións internas amplas, ou consumir a súa oferta de emprego con convocatorias de profesores contratados para estabilizar a quen finalizan os seus períodos da formación como docentes, o que impediría que se puidesen convocar promocións internas de funcionarios".
Carlos Amoedo sinalaba a este respecto que "estas restricións supoñen aplicar de xeito incoherente a estas prazas de promoción interna (que non supoñen novo ingreso aos efectos de reposicion de efectivos) a lóxica da taxa de reposición (que só limita as prazas de novo ingreso), creando una sorte de quenda paralela".
Ningún comentario:
Publicar un comentario