A aplicación da LOMCE crea un caos absoluto no inicio de curso en Secundaria.
A CIG-Ensino reclamou desde o inicio deste
ano o adiamento e mesmo a paralización da LOMCE pois a experiencia do
acontecido o pasado ano en Primaria, deixaba ver xa que este curso se
repetiría a situación de caos que a imposición da LOMCE significa. E
finalmente esta é a situación, que repercute no profesorado e no
alumnado, vítimas inmediatas da teimosía e improvisación do goberno da
Xunta. Durante este mes de setembro o profesorado galego tivo que
realizar un traballo ímprobo que, aínda por riba, ten pouco resultado
práctico. A isto aínda hai que sumarlle a diferenza de criterios que
están aplicar os inspectores, que afectan mesmo ás datas de entrega das
programacións.
É insólito que se lle esixa ao profesorado as programacións
antes do 15 de setembro, cando se produce o cambio de modelo e de
criterios que establece a LOMCE. Isto levou a que algunhas inspeccións
flexibilizasen esa data, mentres que outras foron inflexíbeis. Deste
xeito, constátase unha vez máis o desprezo da Consellaría cara ao
profesorado, ao non asumir a súa responsabilidade e obrigas, que non son
outras que formar e informar o profesorado sobre os criterios e
formulación das novas programacións. Ao mesmo tempo, cómpre denunciar
que a día de hoxe non promulgou ningunha norma que servise como guía a
ter en conta polo profesorado.
Porén, isto non vai ser inconveniente para que moitas inspeccións actúen despois de maneira puntillosa, burocrática e absurda e non coa función que lle corresponde que é formación e asesoramento.
A CIG-Ensino considera que a Consellaría debe facilitar o traballo do profesorado e dar instrucións claras e uniformes, velando porque os centros conten co tempo necesario para poder realizar o traballo nas condicións debidas e co obxectivo de que produza o máximo rendemento. Por este motivo a CIG-Ensino esixiu da Consellaría:
- Para que o alumnado poida escoller entre as materias tradicionalmente consideradas “optativas”, sen as restricións que agora provoca o feito de seren consideradas estas en bloques distintos: Específicas de opción / Libre configuración autonómica”.
- Para que todos os centros conten en Bacharelato cunha materia alternativa á Relixión, de maneira que o alumnado non se vexa obrigado de maneira indirecta a ter que optar pola formación relixiosa.

- Que a Inspección educativa informe de xeito coordinado e dea instrucións claras, axeitadas e uniformes para a elaboración das Programacións Didácticas.
- Que se amplíe, polo tempo necesario e suficiente, o prazo de entrega das programacións.
- Que se oferte formación en horario lectivo para todo o relacionado coa elaboración das programacións.
- Que se publique unha nova Orde de Validacións, necesaria tras os cambios introducidos pola LOMCE.
- Para que o alumnado poida escoller entre as materias tradicionalmente consideradas “optativas”, sen as restricións que agora provoca o feito de seren consideradas estas en bloques distintos: Específicas de opción / Libre configuración autonómica”.
- Para que todos os centros conten en Bacharelato cunha materia alternativa á Relixión, de maneira que o alumnado non se vexa obrigado de maneira indirecta a ter que optar pola formación relixiosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario