O ministro di que “non é cuestión de números senón de dereitos”.
 “O ensino en castelán non é cuestión de números, senón de dereitos", dixo este martes o ministro de Educación, José Ignacio Wert,
 durante a súa comparecencia na Comisión de Educación do Congreso para 
informar, entre outros asuntos, sobre a regulación das linguas no ámbito
 escolar nas comunidades con linguas cooficiais.
 E, aínda que recoñeceu que son "poucos" os alumnos que queren estudar só en castelán,
 hai administracións autonómicas que teñen que ter esa oferta de ensino.
 O ministro explicou que a Lomce adaptouse ao ditame do Consello de 
Estado respecto da proporción do castelán nas escolas e declinou 
comentar o modelo catalán de ensino.
 O Consello de Estado mostrouse contrario a que as autonomías deban custear un centro privado
 a aqueles alumnos que queiran estudar en castelán e non dispoñan desa 
oferta. A lei prevé que o Goberno adiante o pago da escolarización 
privada daqueles alumnos que non teñan garantido a aprendizaxe en 
castelán nos centros públicos ou concertados das comunidades con lingua 
cooficial, e descontarallo a estas do financiamento autonómico que lles 
corresponda.
Contra Cataluña
 O deputado de CiU Martí Barbeira preguntouse onde está
 a autonomía dos centros se son obrigados a impartir máis horas en 
castelán e considerou que esa parte da lei vai dirixida a unha "única 
comunidade", a Cataluña e ao seu modelo lingüístico.
 Lembrou que a lei ten presentados seis recursos de 
inconstitucionalidade e que o ditame do Consello de Estado "tenta 
devolver o que laminou" a lei.
 En similares termos expresouse o deputado do PSOE Germán Rodríguez,
 quen acusou ao ministro de "teimosía en acabar" coa escola catalá e 
aludiu ao rexeitamento que xerou entre a comunidade educativo.
 Rosana Pérez Fernández, do BNG, considerou unha 
intromisión nas competencias das comunidades o asunto das linguas, e a 
deputada do PP Sandra Moneo dixo que a lei non menciona a Cataluña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario