A FANPA
considera que os libros de texto que se utilizan na actualidade son
perfectamente válidos e deben seguir sendo durante un mínimo de seis
anos desde o curso para o que foron adquiridos tal e como se aprobou
pola Xunta de Galicia.
Os cambios curriculares non son cambios esencialmente de contidos, senón de enfoque.
Existen desigualdades: nalgúns centros cambian todos os libros
nos cursos nos que se aplica a LOMCE e noutros centros mantéñense os
vixentes.
Existen grandes dificultades das familias para asumir custos pola adquisición dos libros de texto e materiais.
Os Bancos de Libros, que se crearon fundamentalmente dende as ANPA
deben seguir sendo usados porque supoñen un capital social que debe ser
respectado e defendido e son un exemplo de cooperación e de
solidariedade das familias organizadas nas asociacións dos centros
educativos.
Polo anterior, a FANPA insta:
•Ao mantemento de todos os libros de texto actuais ata que todos e cada un deles sexan utilizados seis cursos escolares.
• A potenciar os Bancos de Libros existentes nos centros educativos e
nalgúns concellos para conseguir que todo o alumnado poida acceder a
eles baixo a fórmula de préstamo, intercambio ou reutilización.
• A recuperar a gratuidade dos materiais curriculares, (libros de texto, etc).
A Xunta Directiva da Federación anima as ANPA
federadas de toda provincia a que promovan este debate e este tipo de
declaracións e resolucións nos seus consellos escolares de centro e nos
municipais correspondentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario