O profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee,Gabriel Rei-Doval; o sociolingüista Anik Nandi; o impulsor do proxecto Burela, Bernardo Penabade e o presidente de Avoaescola, Francisco López, tentarán realizar unha radiografía sobre a aprendizaxe do galego.
Sociolingüistas, profesores universitarios e activistas a prol da
lingua debaterán sobre o presente e as posibilidades de futuro do galego
na educación infantil. Será no marco dunha mesa redonda que se
celebrará este venres, ás 19.30 horas na sede da Avoaescola, en Narón.
Nesta charla participarán Gabriel Rei-Doval, doutor en
Filoloxía Galega e profesor de Lingüística Luso-Hispánica na
Universidade de Wisconsin-Milwaukee. Na súa intervención, Rei-Doval,
gran impulsor da difusión do galego nos EE.UU., fará unha interpretación
da situación actual do galego no ensino en Galicia coas perspectivas
sobre a súa aprendizaxe fóra, tanto en España como fóra dela.
Tamén intervirá Anik Nandi, lingüísta bengalí que,
traballa, actualmente na Heriot-Watt University de Edimburgo. Nandi é un
investigador do ILG e da Cátedra Unesco de Patrimonio Lingüístico
Mundial da UPV/EHU e especialista nas áreas de Política Lingüística,
Linguas minoritarias e ameazadas e no ensino de linguas estranxeiras.
Actualmente realiza a súa tese doutoral sobre sociolingüística galega e,
na súa intervención, falará, precisamente, das semellanzas da situación
sociolingüística de Galicia e da India.
Ningún comentario:
Publicar un comentario