O detonante que provocou que as organizacións sindicais tivesen que abandonar a Mesa foi o desprezo da Consellaría ao profesorado e aos seus representantes, ao vulnerar de facto as canles preceptivas da negociación.
As organización sindicais esixiron da
Consellaría de Educación que se convocase unha nova Mesa en que, con
tempo suficiente, se tratasen os currículos de primaria e FP Básica e
que, unha vez realizada a Mesa, o texto resultante se remitise para o
seu tratamento ao Consello Escolar de Galiza, que ditaminaría sobre o
texto. Mais a Consellaría, como xa fixo no seu día co Decreto de
comedores escolares, convoca a Mesa Sectorial para cumprir cos trámites
preceptivos, sen a vontade real de recoller ningunha das propostas das
organizacións sindicais. Isto evidénciase no feito de que antes de se
realizar esta Mesa a Consellaría xa ten convocado o Consello Escolar de
Galicia para tratar ambos os currículos, que no caso de FP Básica xa
emitiu ditame a permanente do Consello e no de primaria solicita as
emendas sobre un texto que non foi negociado na Mesa Sectorial. O que
significa que non se terán en conta ningunha das achegas realizadas
polas organizacións sindicais.
De maneira unitaria as organizacións sindicais propuxémoslle á
Consellaría que se tratasen na Mesa de hoxe os puntos 4, 5 e 6
(Calendario escolar e ordes de elección de provisionais para o curso que
vén) e que se convocase unha nova mesa para tratar os currículos de
primaria e FP Básica, de onde resultaría un texto que sería o documento
sobre o que tería que emitir ditame o Consello Escolar de Galicia, como é
preceptivo, e que de non o facer así abandonaríamos a Mesa, pois o
resultado da mesma, en relación a estes puntos, non tería ningún efecto.
As organizacións sindicais tamén temos que denunciar que a Mesa Sectorial docente foi convocada con menos de 48 horas de antelación, e que documentación de transcendental importancia, a proposta de horario do profesorado, foi enviada despois desa convocatoria, polo que non se cumpriron os prazos legalmente establecidos. A maiores, estamos diante dunha mesa convocada ás 12 da mañá con 7 puntos na orde do día, entre eles algúns tan importantes como os xa citados currículos de Primaria e FP Básica.
Esta actuación é unha vulneración das canles democráticos de negociación e un desprezo ao profesorado, a quen representamos na Mesa Sectorial, organismo en que temos a función de trasladar as propostas que consideremos oportunas no seu nome.
Estamos ante un proceder que evidencia a improvisación e o despropósito máis absolutos en relación coa aplicación da LOMCE, pois estes currículos teñen que se aplicar para o curso que vén, cando malamente van estar publicados días antes do inicio de setembro. Ante esta situación, o máis sensato sería adiar a aplicación da LOMCE, mais a Consellaría de educación está máis interesada en facer seguidismo do Ministerio de Educación, que en velar polo bo funcionamento do Sistema Educativo Galego.
OUTRAS NOVAS
Convocada Mesa Sectorial para o 5 de xuño

Ningún comentario:
Publicar un comentario