O Concello de Ferrol anunciou este mércores que decidiu multar a Serunion, empresa que serve comidas nos comedores de oito colexios da cidade, por usar aceite de xirasol e non de oliva, incumprindo así o seu contratoEste mesmo mércores pais e nais do alumnado do CEIP de Mazaneda, realizaron unha merenda-protesta para deixar claro o seu rexeitamento á substitución do actual servizo de comedor con cociña pola comida previamente preparada e servida pola propia empresa Serunion. En conversa con Praza Pública, a presidenta da Anpa sinalaba que "O servizo de catering vén de moi lonxe. Os nutrintes pérdense no camiño, a comida chega nunha temperatura que non é a adecuada, e abusan de comida precociñada, con poucos alimentos frescos. Nós vivimos no rural porque apostamos por un estilo de vida saudable, e para nada queremos un catering para os nosos nenos e nenas. Todos os membros da anpa témolo claro. Queremos que un cociñeiro prepare os menus máis axeitados para os nosos fillos e fillas".
Os seus temores, á vista das denuncias e críticas en centros de todo o país, semellan estar xustificados. Tan só por poñer algúns exemplos que foron máis relevantes mediaticamente, os pais e nais do CEIP Souto Donas de Gondomar denunciaron recentemente que "a empresa de catering Ruta Jacobea serve a comida a cada neno/a directamente sobre bandexas de plástico con cinco compartimentos". Ou, de igual xeito, UGT sinalou en abril que Clece obtivera a concesión do servizo de comedor de dúas escolas en Compostela a pesar de detallar na súa proposta que "as comidas serán elaboradas na cociña central que CLECE S.A. ten en Venta de Baños (Palencia)”.
A CEAPA sinalaba tamén a "pouca calidade dos menús servidos polas empresas de catering e a falta de revisión dos mesmos por Sanidade" e engadía que se "abusa de fritos, danse poucas froitas e verduras e non se considera que os menús sexan equilibrados"A baixa calidade dos produtos, a escasa proporción de alimentos frescos, a súa produción en grandes centros dende onde despois se transportan en longos traxectos (moitas veces de máis de 100 ou 200 quilómetros) até as escolas centran as críticas a estas empresas. A Confederación Española de Nais e Pais de Alumnos e Alulmnas (CEAPA) publicou hai uns meses un informe no que denunciaba que "cada vez son menos os comedores xestionados directamente polo centro escolar ou pola ANPA. Ademais, a crise económica acelera esta tendencia, porque lle resulta máis barata á Administración a contratación destas empresas, pois teñen traballadores con salarios máis baixos". A CEAPA sinalaba tamén a "pouca calidade dos menús servidos polas empresas de catering e a falta de revisión dos mesmos por Sanidade" e engadía que se "abusa de fritos, danse poucas froitas e verduras e non se considera que os menús sexan equilibrados".
Pero tamén se pon en dúbida que os acordos aos que as administracións chegan con estas empresas supoñan realmente un aforro para as contas públicas. De feito, CC.OO. e CIG acusaron a Xunta de incrementar o custe do servizo de comedor con estes menús externos, que cuadriplicarían o custe por alumno con respecto ao formato tradicional de cociña. A CIG cifrou en 11 mil euros o gasto extra que os contratos de catering lle supoñen a un colexio cuxo comedor sexa usado por 25 alumnos e alumnas.
Os sindicatos acusaron a Xunta de incrementar o custe do servizo de comedor, con estes menús externos que cuadriplicarían o custe por alumnos do mantemento dos servizos de cociña en cada centroOs sindicatos denuncian tamén os grandes beneficios obtidos por estas empresas. Grandes empresas de distribución alimentaria, habitualmente de carácter transnacional, dominan xa a meirande parte do sector. No conxunto do Estado a máis importante de todas é xa citado grupo Serunión, filial española do grupo francés Elior, o terceiro grupo de restauración colectiva de Europa. Serunión sérvelles a comida a máis de dous mil coñexios de toda España. No accionariado destacan as familias San Salvador e Cuatrecasas, actualmente baixo investigación por unha suposta fraude fiscal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario