Educación aprecia “consideracións políticas” nesta acción na que participaron outros estudantes do IES Breamo de Pontedeume.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria podería sancionar a un alumno do IES Breamo
que se fotografou cun cartaz no que se podía ler “Defender a lingua non
é un delito” e no que amosaba a súa solidariedade cos procesados por
participar nunha protesta contra a manifestación da asociación Galicia
Bilingüe, que tivo lugar en febreiro de 2009.
Esta fotografía, na que aparecen numerosos alumnos do centro, foi logo
colgada no blog persoal do estudante ao que se lle abriu un expediente.
E, a única razón que aportan desde a Consellería de Educación é que “se trataba dun acto con consideracións políticas e que foi levado a cabo en horario lectivo e non interior do propio centro educativo”.
De feito, a dirección do centro e a Xunta actuaron logo dunha protesta
interposta por Galicia Bilingüe que considera que este eslógan
correspóndese cunha campaña promovida por Resistencia Galega en apoio
aos acusados. A súa presidenta, Gloria Lago, denunciou que “se ensalzou a violencia” nun centro público e vinculaba ao mozo coa asociación independentista AGIR.
Apoios
De feito, este grupo criticaba a medida adoptada. “Queremos manifestar
que nengum ato solidário em defesa da nossa língua pode ser considerado
punível de qualquer sançom, assim como transmitir que o ódio que emana
dos setores ultra-espanholistas nom vai fazer minguar o trabalho levado a
cabo em favor do nosso idioma, senom que todo o contrário, seguiremos
na aulas de todo o País defendendo um ensino 100% em galego ao igual que o 8 de fevereiro de 2009 se fijo nas ruas!”, sinalou nun comunicado.
Tamén a Mesa pola Normalización Lingüística
solidarizouse xa co menor. “O exercicio da liberdade de expresión nun
centro de ensino non pode ser causa de apertura de expediente a un
alumno”, dixo o seu presidente, Carlos Maceiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario