xoves, 5 de xuño de 2014

A pé de rúa, contra a Lomce e os recortes

Actos e concentracións decorreron en 9 cidades e vilas do país convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

Música de zanfona en Vigo, un peculiar creo a oficiar na Coruña, maxia en Ferrol, unha performance en Lugo... Múltiples actos que tiñan en común facerse a pé de rúa: para rexeitar a Lomce. Era dentro da programación que a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que levou a nove cidades e vilas do país, máis unha vez, a oposición aos proxectos de Wert para o ensino.
Con estes actos a Plataforma quere tamén denunciar os recortes que se van producir para o inicio do curso escolar, con novas supresións, deficiencias nos centros, a falta de prazas -especialmente en ensino infantil de 0 a 3 anos e a formación profesional-, aulas masificadas e outras actuacións da Consellaría como a circular ás Escolas oficiais de Idiomas para que o alumnado que cursa 4º da ESO só nos centros plurilingües poida acadar o nivel  básico ou intermedio de Inglés e Francés.


Ningún comentario:

Publicar un comentario