O Ministerio de Educación afirma querer ‘compensar’ así a aqueles alumnos e alumnas que non teñen garantido o castelán como lingua vehicular no ensino.
As e os estudantes que marchen da escola
pública para a privada coa desculpa de poder ter así o español como
lingua vehicular no ensino recibirán do Ministerio de Educación unha
cantidade anual, unha cifra que terá un tope máximo de 6.057 euros. O
ministro de Educación, José Ignacio Wert, explicou que con esta
cantidade procúrase que esa opción de optar polo español no ensino non
teña custo económico para o alumno.
De feito, apontan desde o Ministerio, o límite establecido por este departamento é o do custo do alumno na escola pública. E faise, sinalan, para compensar a aqueles e aquelas estudantes que queiran o español como idioma vehicular no ensino “e que, porén, a comunidade autónoma con lingua cooficial non lles garanta” ese dereito. E ese custo é de 6.057 euros anuais.
Fontes do propio Ministerio consultadas por Europa Press precisaron tamén que se o custo do colexio privado ao que se acolle este alumno para poder así estudar español é superior a esas seis mil euros, a familia ten que xustificar debidamente que non existe outro centro privado no lugar onde reside. Se o xustifica, o Ministerio adiantará a totalidade do posto escolar privado, que despois se lle descontará á comunidade autónomo.
E o galego?
Esta nova chega poucos días despois de se coñecer o informe da Mesa pola Normalización Lingüística na que se aclara que só 7 de 289 centros de Educación Infantil en todo o país declaran impartiren maioritariamente en galego. Ningún na Coruña, Ferrol, Pontevedra e Lugo, dous en Ourense e cinco Santiago. Só un 2,42 dos centros de Educación Infantil declara que desenvolven a súa actividade maioritariamente en galego. Os que afirman que a súa comunicación se realiza a metade en galego co alumnado alcanza só o 4,15. Do 94,43 % restante, que confesan usar maioritariamente o castelán, só hai 2 que indican que chega ao 33%, Son os datos definidos como “alarmantes” pola Mesa pola Normalización Lingüística que presentou esta terza feira o resultado da enquisa realizada cos centros durante os meses de abril e maio.
Do total de 289 centros de Educación Infantil, a inmensa maioría, 270, teñen as súas actividades maioritariamente en castelán, só 7 maioritariamente en galego e 12 informan de que o reparto de linguas é ao cincuenta por cento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario