Os debates sobre a Risga e a apertura no verán dos comedores escolares puxeron no primeiro plano un país no que a pobreza, a necesidade e a carencia deixaron de habitar en 'guettos' para se instalar en non poucos fogares.
Galiza, o país de 'chegar e encher', a terra
da 'fartura', a nación de 'como para unha voda', volve ver como a fame
ensina a patiña por baixo das portas dalgúns fogares. Os debates
parlamentares destes días sobre a necesidade de axilizar a Risga (renda
de integración social) ou a apertura dos comedores escolares no verán
para atender a nen@s de familias sen recursos, permitiu que se
visibilizase en primeiro plano nos principais medios do país unha
realidade até o de agora invisibilizada: Na Galiza do século XXI hai
carencias, necesidades, penurias, escasez... volve aparecer por baixo da
porta a pata da fame. Hai perto dun 20%
da poboación galega que está en risco de ficar descolgada. No limiar da
pobreza, con ingresos só de prestacións ou axudas...
O PP acusou á oposición de facer alarmismo, de dar unha imaxe de país que non se corresponde coa realidade, de facer demagoxia. Desde a oposición, négase esa acusación. “Galiza vive unha auténtica situación de emerxencia nacional”, di Francisco Jorquera (BNG). O portavoz parlamentar nacionalista lamenta que Feijóo "negue a evidencia" e opte por botar balóns fóra.
Contundente tamén Xesús Ron, deputado de AGE na Cámara galega: "O sectarismo do Partido Popular e o capitalismo pretenden facer culpábeis as vítimas" antes que recoñecer a realidade que hai en Galiza após máis de cinco anos de crise.

Ningún comentario:
Publicar un comentario