A CIG-Ensino fará entrega esta terza feira, no rexisto da Xunta, das sinaturas recollidas por toda Galiza en apoio ao persoal docente despedido pola Consellaría de Educación.
A central sindical nacionalista entregará este 17 de xuño millentas sinaturas de apoio ao profesorado dos cursos Celga. O conflito laboral que atinxe a Xunta de Galiza recompilou ao longo dos últimos meses milleiros de apoios por toda Galiza que exixen a readmisión d@s docentes despedid@s pola Consellaría de Educación e o cumprimento dos ditames emitidos polas Inspeccións de Traballo que exixen dar de alta a este colectivo na Seguridade Social.Desde que a CIG-Ensino denunciou publicamente as irregularidades que a Xunta --através da Secretaria Xeral de Política Lingüística-- estaba a cometer en relación ao persoal docente que imparte os cursos de lingua galega para adultos, o goberno de Alberto Núñez Feijóo fixo ouvidos xordos. Nen sequer o recoñecemento obtido pol@s traballadoras, que daba conta da existencia dunha relación contractual que non se estaba a desenvolver coas debidas garantías, fixo que Valentín García ou Jesús Vázquez recoñecesen a irregularidade en que se atopaba este colectivo.
A CIG entregará esta terza feira millares de sinaturas de apoio ao profesorado dos cursos CegaE é que o persoal docente non estaba dado de alta na Seguridade Social. Mais moi ao contrario do que cabía agardar dunha administración pública, a Xunta decidiu incumprir os ditames de Inspección e despediu @s docentes. "Durante os últimos anos estabamos sen Seguridade Social e non nos daban de alta. Simplemente tiñamos obriga de facer declaración da renda mais ningún tipo de dereito", narraban en conversa con Sermos Galiza @s propi@s afectad@s.
Actitude "represiva"
"A Xunta as veces que nos reunimos, a título individual ou através dos sindicatos, non quixo recoñecer a nosa relación laboral. Dicía que eramos profesorado colaborador. En ningún momento tivo intención de negociar ou falar con nós. E, aliás, recorreu a resolución da inspección de Traballo, renegando de nós como traballadoras, malia que o informe di que somos persoal traballador da Consellaría de Educación e, no concreto, da Secretaría Xeral de Política Lingüística", subliñaban.
Para o persoal do Celga fica claro que após todo o tempo decorrido a actitude da Xunta de Galiza é "represiva". Pois rematou por @s botar á rúa e oferecer a impartición dos cursos entre o profesorado de Lingua Galega. Todo por non acatar as súas obrigas legais, readmitir @s docentes e pagar as sancións que lle impón Inspección de Traballo polos anos en que se mantivo a situación irregular.
Para o persoal do Celga fica claro que, após todo o tempo decorrido, a actitude da Xunta de Galiza é "represiva"Cos apoios recibidos en forma de sinatura, o colectivo de docentes do Celga exixirá máis unha vez que a Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral @s readmitan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario