Ana Pontón e Cosme Pombo plantaron o responsábel de Política Lingüística, Valentín García, como protesta polo conflito do Celga.
O Bloque Nacionalista Galega abandonou esta quinta feira (5 de maio) a Comisión parlamentar de Educación e Cultura como mostra de "solidariedade" e "apoio" ao persoal docente despedido pola Xunta de Galiza e que impartía os cursos de formación en lingua galega, Celga.A voceira de lingua da organización frontista explicou ao responsábel da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Valentín García, as razóns polas que o seu grupo se ausentaría da comisión e describiu a actitude desenvolvida pola Xunta, mais tamén pola súa área, como un caso de "terrorismo laboral".
Cumpre lembrar que @s docentes foron despedid@s pola administración após denunciaren as súas condicións de traballo. O profesorado Celga non contaba cun contrato laboral nen afiliación á Seguridade Social. Neste senso, logo de as Inspeccións de Traballo exixir á Xunta dar de alta ao seu persoal e indemnizar o tempo que non estivera filiado, a Xunta decidiu proceder ao seu despedimento.
Razón pola que @s deputad@s do Bloque portaban cartaces na sesión parlamentar en que se podía ler a lenda: "Valentín dimisión e Readmisión dos despedidos CELGAS". A organización frontista exixiu, de novo, a demisión de García ao que coidan responsábel da situación que atinxe @s docentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario