Nun comunicado, este colectivo sinala que, "logo de centos de asembleas" e reunións, "as familias e o profesorado" están "unanimemente de acordo en que o sistema desexable para levar á práctica o mandato constitucional, nos termos de educación básica obrigatoria e gratuíta, é o sistema de préstamo universal de libros de texto", organizado pola propia "administración educativa".
Nese sentido, afirma que "tamén hai unanimidade absoluta" no rexeitamento "ao actual sistema".
En canto á campaña que estiveron levando a cabo as ANPAs galegas nos últimos meses "pola gratuidade dos libros de texto e material escolar", o colectivo subliña que conseguiu "ademais dun amplo efecto social", unha "indiscutible" resposta "política".
De feito, engade que a confederación conta "co apoio expreso de todas as forzas políticas", coa excepción do Partido Popular, porque se mantén "a oposición frontal do actual goberno da Xunta de Galicia", que "non escoita ás familias, nin aos claustros, nin ás institucións, nin aos representantes dos cidadáns".
Ningún comentario:
Publicar un comentario