O seu presidente, Marcos Maceira, afirma que "o exercicio da liberdade de expresión non pode ser causa de abertura dun expediente".
A Mesa pola Normalización Lingüística emitiu esta sexta feira (30 de maio) un comunicado de imprensa no que amosa a súa solidariedade co alumno do IES Breamo ao que a dirección do centro lle abriu un expediente a instancias de Galicia Bilingüe
Será esta segunda feira (2 de xullo) cando a profesora instrutora do expediente fixe a sanción para o alumno que podería supor un castigo leve como acudir á sala de estudo durante un tempo determinado ou, no caso máis extremo, a expulsión do estudante. Sexa como for, moitas son as voces que reclaman xa á Consellaría de Educación e ao propio centro que paralice e retire o procedemento sancionador por uns feitos que, coidan dende a Mesa pola Normalización Lingüística, deben enmarcarse no "exercicio da liberdade de expresión".
A segunda feira (2 de xuño) a profesora instrutora do expediente determinará a sanción a impor ao alumnoO alumno do IES Breamo, en Pontedeume, fotografouse xunto con outr@s compañeir@s cun cartaz en que podía lerse a lenda "Defender a lingua non é delito". Unha mostra de solidariedade cos encausados no xuízo #8f45anos e que penduraron nas redes sociais. Após recibir un comunicado da asociación Galicia Bilingüe a dirección do centro iniciou os trámites para sancionar a "conduta" do estudante a quen apuntou, segundo puido saber Sermos Galiza, de maneira directa a organización liderada por Gloria Lago.
Desde a Mesa afirman que "curiosamente" só se inician procesos deste tipo contra "movementos sociais que se opoñen ás políticas do goberno, nomeadamente a defensa do idioma galego" mais non outros de índole diferente.
Para o seu presidente, Marcos Maceira, "as persoas que lexitimamente defendemos o idioma galego non somos delincuentes, polo contrario, demandamos o cumprimento efectivo e real do establecido, entre outra lexislación, na Lei de Normalización Lingüística ou no Plan Xeral de Normalización da lingua galega aprobadas por unanimidade no Parlamento Galego" polo que defenden a retirada do expediente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario