A Plataforma Estatal pola Escola Pública
chamou este martes ás súas asembleas autonómicas a reunirse para
traballar propostas de mobilización e actuacións contra a Lei Orgánica
de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) de cara a consensuar un
calendario para os próximos meses.
Nun comunicado, anima aos nódulos locais, comarcais ou autonómicos
a elaborar achegas e remitilas á dirección da Plataforma "tan pronto
como sexa posible" de cara a "realizar unha análise conxunta do
realizado e de poder deseñar entre todos un calendario de mobilizacións
para os próximos meses, encamiñado a seguir defendendo a educación
pública,".
Ningún comentario:
Publicar un comentario