luns, 23 de xuño de 2014

A CIG-Ensino denuncia que a oferta de FP para o curso vindeiro segue sen cubrir a demanda que existe en moitos ciclos

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación vulnera máis unha vez as canles de negociación ao levar ao non negociar na Mesa sectorial a oferta de FP par ao curso que vén.

A CIG-Ensino considera urxente negociar unha nova Rede de FP, incluíndo a FP básica, que inclúa unha planificación a máis longo prazo e que incorpore a implantación de novos ciclos, xa que a oferta segue sen cubrir a demanda para moitos ciclos. A CIG-Ensino lembra que o pasado ano preto de 4.000 rapaces quedaron sen praza no ciclo para o que solicitaron praza. Neste marco, a CIG-Ensino defende que se potencie a oferta nas cidades, conformando os grupos necesarios por ciclo alí onde haxa demanda. Ademais esixe que a implantación de desdobres non se faga só por criterios de perigosidade, senón tamén nos ciclos nos que sexa preciso para unha mellor atención ao alumnado e a redución das ratios a 20 alumnos/as por aula.
A CIG Ensino esixe a  eliminación dos concertos na formación profesional que está  a recibir máis de 12 millóns de euros  do erario público . Dáse o caso que se están concertando ciclos formativos da mesma familia que se imparten na pública en concellos que non superan  superan o 7000 habitantes
Propomos que  non se supriman ciclos até coñecer as notas de selectividade e en ningún caso aqueles que acaden unha matrícula mínima de 8 alumnos nas cidades e 5  no resto de Galiza.
A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría que restitúa as bolsa de transporte para o alumnado de FP, como mínimo nos mesmos termos que o viña facendo até agora Ademais a Consellaría ten que ofertar bolsas de residencia e transporte  para garantir que todo o alumnado poida cursar gratuitamente a FP.
Por outra banda a CIG-Ensino denuncia a improvisación coa que a Consellaría pretende implantar a Formación Profesional Básica para o próximo curso tendo en conta que aínda non se publicaron os programas nin se coñece o mapa de implantación. A CIG-Ensino esixiu da Consellaría de Educación que adiara a posta en marcha da FP Básica porque terá  consecuencias graves para o alumnado e a marcha do vindeiro curso.

COMPARATIVA COA OFERTA NO RÉXIME ORDINARIO DO CURSO 2013-2014

Desaparecen da oferta
   
Centro
Concello
Ciclo formativo
CFEA Alta Montaña
Becerreá
Aproveitamento e conservación do medio rural
IGAFA. Instituto Galego de Formación en Acuicultura
Illa de arousa
Operacións subacuáticas e hiperbáricas
CFEA de Sergude
Boqueixón
Xestión e organización de empresas agropecuarias
     
     
     
Incorporase á oferta
   
Centro
Concello
Ciclo formativo
IES Moncho Valcarcel
As pontes
Laboratorio de análise e de contro de calidade
CIFP Coroso
Ribeira
procesos e calidade na industria alimentaria
ESCO Oficial Náutico-Pesqueira
Ribeira
Navegación e pesca de litoral
IES Audiovisual de Vigo
Vigo
Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos

Ningún comentario:

Publicar un comentario