Os munícipes iniciaron estudos e conversacións cos colexios para detectar posibles casos de familias en risco e reforzar as axudas.
A posibilidade de que o peche dos comedores escolares
supoña un prexuízo para os nenos e carrexe a escolares de familias sen
recursos problemas para unha axeitada alimentación é algo que preocupa
moito aos munícipes dos concellos da zona. Moitos deles, tras a medida
adoptada por Lalín de distribuír menús entre as familias en verán,
iniciaron un estudo da situación do seu municipio e estudan accións
encamiñadas a reforzar a axuda que xa se lles presta.
Tal
é o caso do Concello de Silleda. O alcalde, Manuel Cuíña, destaca que
nestes momentos, reciben todos os días alimentos procedentes de
convenios con supermercados e organizacións e que contan cunha reserva
importante para atender a demanda. O venres realizarán a primeira
repartición de alimentos procedentes da Fundación Amigos de Galicia
destinada a vinte familias con nenos. Cuíña sinala que «estamos
en contacto con Servizos Sociais é por agora non temos ises problema
detectado, ou cal non quere dicir que non puidera haber algún oculto».
En Cruzamentos tampouco lles consta e de momento non teñen ningunha
notificación nin por parte dos colexios nin por parte de Servizos
Sociais. A edil, Beatriz Iglesias, sinala que mañá xoves ten previsto
estar cos directores dos centros e no caso de existir algún caso,
actuarán e brindarán a súa axuda.
Na Estrada só tiñan detectado este curso,
apuntan, un caso dunha familia en situación de risco por un problema
puntual e que nestes momentos a situación da familia mellorou e xa non
se encontra en situación de desamparo. Non obstante móstranse tamén
dispostos a realizar accións no caso de que se lles traslade algunha
necesidade por parte dalgunha familia co fin de actuar en consecuencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario