As empresas que colaboran en Abertos ao Galego non deixan de presentar novidades. Desta vez, falámosvos das noticias que nos chegan de Biblos, Alvarella, A Tafona Casa de Xantar, Edicións Xerais e as librarías Suévia e Aira das Letras.
- Podedes descargar o número máis recente da revista de Biblos Clube de Lectores, con todas as novidades de Biblos e outros contidos, como a entrevista co escritor António Cabrita
- Alvarella fai
un desconto a socios e socias da Mesa nos seus Eco-Campamentos para
nenos e nenas de entre 7 e 14 anos. Aquí tedes máis información: http://mail.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/641.
- A Tafona Casa de Xantar participa no Tapéate Compostela coa súa tapa Bonito con Froitos Vermellos.
- A Livraria Suévia da
Coruña acolle a presentación de Emigrantes, exilados e perseguidos. A
comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940) de Dionisio Pereira, a
quinta-feira, 12 de xuño, às 20h00, coa presenza do autor nun acto
presentado por Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, historiador e profesor da
UdC.
- A Libraría Aira das Letras de
Allariz xa recolle encomendas para os libros de texto para o próximo
curso, con descontos do 10% para libros de educación obrigatoria e do 5%
para educación non obrigatoria. Podedes contactar con eles en www.airadasletras.com ou no 988442324.
Ningún comentario:
Publicar un comentario