O Parlamento aproba unha declaración institucional para impulsar o dominio en galego.
Todos os grupos da Cámara galega aprobaron unha Declaración
Institucional na que destacan a importancia que supón o dominio .gal
para Galicia. “Agora ten unha marca propia que
identifica a nosa lingua e cultura en Internet e que le dá unha maior
visibilidade aos contidos escritos en galegos nesta plataforma”, recolle
o documento aprobado.
O Parlamento destaca que o dominio será unha “ferramenta chave” para potenciar o uso do galego na internet e para dotar ao galego dun novo instrumento para “aumentar a súa visibilidade” e que as empresas galegas “gañen en proximidade co público galego”.
Neste sentido, a Cámara fai un chamamento a todas as institucións, asociacións e persoas para que “se involucren” na posta en funcionamento do .gal. E, para dar exemplo, esta institución incorporarase ao programa Pioneiros.
O Parlamento aproveita, ademáis, para recoñecer públicamente o “grande logro” que supón para Galicia o dominio .gal e parabeniza o traballo da Asociaicón PuntoGal neste obxectivo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario