xoves, 5 de xuño de 2014

Aberto o prazo para ser Pioneiro do .gal

O PRAZO DE SOLUCITUDE REMATA O DÍA 30.
04/06/2014.
 A Asociación puntoGAL comezou a recibir xa propostas para participar no Programa Pioneiros. As normas que regulan este proceso e o formulario de solicitude están publicados en liña dende o 1 de xuño.
O prazo para solicitar ser un dos pioneiros do .gal remata o 30 de xuño.  As entidades seleccionadas poderán publicar a súa web co dominio solicitado o 25 de Xullo, uns cinco meses antes que o resto de direccións .gal. O número máximo de nomes reservados para este proceso é de noventa.

Máis datos sobre as vantaxes, requisitos e prezos dos pioneiros en dominio.gal, a web onde se irá actualizando toda a información sobre as distintas fases de lanzamento do .gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario