As carencias do sistema educativo español forman parte do informe e das recomendacións que a Comisión Europea fixo
este luns a España. Critica a falta de medidas para reducir o abandono
escolar temperán, o alto nivel de desemprego dos titulados
universitarios e o escaso uso dos sistemas de formación profesional.
Entre outros aspectos, Bruxelas fixouse nun dos datos máis negativos: o abandono escolar temperán, é dicir, a porcentaxe de alumnos de entre os 18 e 24 anos que deixan os seus estudos antes de graduarse. España continúa liderando esa taxa en Europa, cun 23,5% que dobra a media da Unión (11,9%).
E considera un "motivo de preocupación" a falta de medidas despregadas para reducir esa porcentaxe. Neste sentido, critica expresamente que non se desenvolvesen disposicións para continuar co plan PROA, os programas de apoio aos que o Ministerio de Educación decidiu retirar as axudas en 2013.
O informe afonda nos desaxustes existentes entre o sistema educativo español e as necesidades reais do mercado de traballo que, a xuízo da comisión, "constitúen unha fonte de problemas". Entre outros motivos considera que os sistemas de aprendizaxe e ensino e a rede de formación profesional "seguen estando infrautilizados" e que as competencias dos estudantes de FP superior "son inferiores á media da UE". Respecto ás titulacións universitarias, destaca que a taxa é elevada pero critica o "alto nivel" de desemprego e empregos con baixa cualificación dos universitarios españois.
O informe sinala que a entrada en vigor da LOMCE (a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, máis coñecida como Lei Wert) mellorará a calidade do sistema educativo e permitirá que haxa unha mellor conexión entre a formación e as demandas reais do mercado de traballo. Engade que as novas disposicións previstas na LOMCE, que se están a implantar de forma progresiva, funcionarán "de aplicarse eficazmente". E considera que os cambios previstos nos currículos dos distintos ciclos e as reválidas que prevé a lei para os alumnos a final de primaria, secundaria e bacharelato.
Outro dos riscos que destaca é "a falta de acordo" entre o Estado e as comunidades autónomas sobre o financiamento da implantación da LOMCE, un asunto para o que pediron máis fondos e máis tempo ata as comunidades gobernadas polo PP.
Por outra parte, Bruxelas critica expresamente que a "certa falta" de escolas infantís "axeitadas e alcanzables" pode agrandar as dificultades da muller para acceder ao mercado de traballo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario