"O
que Montserrat Gomendio, secretaria de Estado de Educación, afirmou
esta mañá, no marco dun almorzo organizado polo Foro da Nova Economía, é
que non debería ser un tema tabú falar sobre o financiamento
universitario", sinalaron a Efe fontes deste departamento.
Aseguraron, ademais, que Gomendio puxo como exemplo que "hai diversos
modelos, como o modelo británico, onde si hai préstamos universitarios".
"Iso non quere dicir que Educación pense en introducilo", recalcaron
estas fontes, para insistir en que Gomendio "explicou simplemente como
se aborda o problema noutros países".A secretaria de Estado "deixou claro que a educación obrigatoria debe ser gratuíta porque así o establece a Constitución e que outras etapas como o Bacharelato e a FP tamén o son". Tamén recordou que o investimento en Educación en España está por encima da media da OCDE e rexeitou que o aumento no investimento educativo equivalla necesariamente a unha maior calidade do sistema.
Entre 2000 e 2010, España duplicou o seu investimento educativo en termos nominais, e a pesar diso seguiu estancada, cuns resultados moi pobres, como demostran os informes da OCDE realizados a alumnos de 15 e 9 anos e a adultos entre 16 e 65.
Durante o almorzo, Gomendio dixo, en referencia á formulación dun debate acerca do financiamento do ámbito universitario, o seguinte: "Este debate tamén inclúe se deberiamos seguir cun sistema, como dixen antes de bolsas, onde os estudantes reciben unhas contías importantes de diñeiro que logo non teñen que devolver, ou se deberiamos de evolucionar a un sistema de préstamos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario