O ministro de Educación, Cultura e Deporte,
José Ignacio Wert, anunciou este martes que o custo de implantación da
Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), é dicir,
dende o curso 2014-2015 e o 2016-2017, será de 964 millóns de euros, dos
que 614 procederán do Fondo Social Europeo.
Ademais, sinalou que para a consolidación da norma, nos tres cursos
seguintes -2017-2018, 2018-2019 e 2019-2020-- o Ministerio de Educación
prevé un custo de 1.200 millóns (400 millóns por curso), que terá que
ser cofinanciado polas comunidades autónomas, logo de debate na reunión
de Política Fiscal e Financeira.Así o precisou o titular de Educación durante a súa comparecencia na Comisión de Educación no Congreso dos Deputados, onde avanzou que o próximo luns 30 de xuño convocou os conselleiros do ramo das comunidades autónomas para informalos sobre o financiamento da LOMCE.
Segundo Wert, das autoridades comunitarias valoraron, á hora de conceder os fondos, a nova Formación Profesional Básica e os itinerarios de terceiro e cuarto da ESO que establece a reforma educativa. Estes dous aspectos "foron moi valorados polas autoridades educativas e de emprego europeas". "Din que se tratan de medidas robustas e con impacto a medio prazo para a redución do abandono escolar e a transición ao emprego", subliñou.
Durante esta comparecencia, o ministro recordou o calendario de implantación da LOMCE, que comeza o próximo curso 2014-2015 en primeiro, terceiro e quinto de Primaria e o primeiro curso de FP Básica. Wert sinalou que o calendario é "esixente", pero "razoable e realizable".
Así mesmo, recoñeceu que queda pendente moito desenvolvemento regulamentario, como o decreto dos currículos de ESO e Bacharelato ou o que desenvolve a disposición adicional trixésimo oitava, entre outros.
Pola súa banda, o voceiro de Educación do PSOE na Cámara baixa, Mario Bedera, criticou non só o calendario de implantación da nova lei, senón tamén o financiamento desta. Sobre este último punto, o deputado socialista reprochou ao ministro que "empece a falar de financiamento a dous meses do comendo do curso, cando xa estea pechada a escolarización,". "Isto chámase incompetencia, non ideoloxía", apostilou.
Unha das principais críticas dos socialistas á "mala lei" centrouse na nova Formación Profesional Básica, que cualificou de "fraude estatística" para camuflar o abandono e o fracaso escolar. Así mesmo, o voceiro do PSOE augurou que o próximo curso escolar vai ser "un dos máis polémicos da nosa historia".
Dende Esquerda Plural, Caridade García Álvarez cuestionou nas súas dúas intervencións na Comisión de Educación a explicación do ministro sobre os fondos europeos para financiar a implantación da LOMCE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario