A primeira conclusión do estudo é que a presenza do galego é escasa en todos os planos da actividade investigadora e académica, en boa medida porque os indicadores internacionais de avaliación favorecen a publicación en inglésA primeira conclusión do estudo é que a presenza do galego é escasa en todos os planos da actividade investigadora e académica, en boa medida porque os indicadores internacionais de avaliación favorecen a publicación en inglés, prexudicando o uso de todas as demais linguas, incluída o castelán, e moito máis as linguas minorizadas coma o galego. No informe, Alba Nogueira sostén a este respecto que "se se bota unha ollada ás revistas incluídas nos índices de citación, tanto de ciencias experimentais como de ciencias sociais, poderase comprobar que apenas é posible atopar nesas listaxes revistas noutras linguas que non sexa o inglés”.
O informe engade que "a investigación local norteamericana circula como se fose universal, pero o proceso inverso é penalizado en termos de avaliación da actividade investigadora". E que, dado que "o peso do inglés é abafante e tende a medrar debido a que as decisións de política científica en relación coas avaliacións (acreditacións, sexenios) só de forma moi residual se apartan do SCI ou o Journal Citation Reports (JCR) como parámetros de indexación", a dificultade de someter a avaliación traballos científicos realizados en galego, catalán ou éuscaro "revélase dobremente complexo".
Destacan que as cifras do uso do galego nas aulas son “pobres e reveladoras dun desleixo que contrasta coas experiencias catalá e vasca”O informe da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, titulado Investigación e lingua. Propostas para a mellora da presenza do galego na actividade científica, inclúe tamén os resultados dunha enquisa realizada ao profesorado que emprega o galego na docencia, co fin de identificar as dificultades que atopan no labor investigador na lingua propia. Os autores do informe sinalan que “cómpre dar pasos para avanzarmos no uso do galego na docencia” para que os profesionais que saian das universidades galegas “poidan ser quen de usar terminoloxía especializada nos seus respectivos ámbitos do saber”. E destacan neste senso que as cifras do uso do galego nas aulas son “pobres e reveladoras dun desleixo que contrasta coas experiencias catalá e vasca”.
De feito, os datos correspondentes ás teses de doutoramento presentadas en Galicia son moi reveladores: entre o 60 e o 70 por cento utilizan o castelán, seguido do inglés, lingua empregada no 20 por cento das teses, unha cifra que vai en aumento. O galego sería a terceira lingua, desencendendo en 2012 por debaixo do 10 por cento, e superando por pouco o portugués, que rolda o 5 por cento. Neste senso, os autores do informe propoñen que a administración apoie a realización de teses en galego mediante unha política de bolsas de doutoramento, “como se fai en Euskadi”.
Nas enquisas que forman parte desta investigación, apenas o 44% dos profesores das universidades galegas afirman que usan a lingua galega para publicar textos científicos. O 8% publica en exclusiva en galego e outro 36% empregan o galego e o castelán. A lingua maioritaria é o inglés cun 41% de docentes que só utilizan esta lingua. O dominio do inglés é moito máis claro nas áreas técnicas (67%) e nas ciencias experimentais (71%). Galego e castelán só acadan proporcións importantes nas Ciencias Sociais e nas Humanidades. Ademais, só o 45% dos docentes que din publicar en galego, afirman facelo en publicacións científicas. De feito, sete de cada dez docentes que non publican nunca en galego explican que a razón é que "non existen publicación en galego na miña disciplina".
Propostas
Tamén se propón apoiar a tradución ou publicación de monografías científicas en galego, apostando por que a Xunta apoie economicamente "un grupo seleccionado de publicacións que usen o galegoEntre as propostas que realiza o informe para reverter a situación destacan a introdución de incentivos retributivos polo uso da lingua, que se pode converter nun "estímulo eficaz" para acompañar os plans de normalización nas universidades, sobre todo nun momento de recortes salariais. Tamén se propón que o uso do galego nas aulas sexa unha das variables do financiamento por obxectivos das universidades. E tamén se fai un chamamento a sistematizar os recursos terminolóxicos e a financiar traducións de materiais docentes, software e outros recursos e actividades.
Tamén se propón apoiar a tradución ou publicación de monografías científicas en galego, apostando por que a Xunta apoie economicamente "un grupo seleccionado de publicacións que usen o galego, en solitario ou xunto a outras linguas". O informe destaca que “as publicacións periódicas son a canle de difusión do coñecemento científico, pero a existencia dunha forte concentración da industria editorial en mans anglosaxonas non debe impedir a existencia de iniciativas noutras linguas”.
O documento chama igualmente a "adoptar accións conxuntas das universidades das comunidades autónomas con lingua propia ante a ANECA e a CNEAI co fin de que na formación do persoal avaliador, na fixación de criterios e na propia avaliación se introduzan criterios de corrección que non disuadan ou penalicen a presentación de traballos de investigación realizados nestas linguas ou que traten problemáticas ligadas a contornos máis locais".
O documento lembra que "a divulgación do coñecemento científico na sociedade, especialmente dirixido a escolares, é tamén un xeito de asociar o galego a rexistros de prestixio"O informe tamén recomenda "incrementar o apoio ás actividades de divulgación científica realizadas polas universidades e outros entes e organismos" e que os medios de comunicación públicos se impliquen na divulgación científica en galego. O documento lembra que "a divulgación do coñecemento científico na sociedade, especialmente dirixido a escolares, é tamén un xeito de asociar o galego a rexistros de prestixio". O documento incide así mesmo en que as actividades de transferencia do coñecemento que realizan os grupos de investigación á sociedade tamén poden servir como difusoras da lingua galega. Lembra a este respecto que tanto as entidades académicas como a propia Xunta de Galicia “deben facer cumprir as súas normas de uso do galego na contratación e na prestación de servizos”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario