A carencia alimentaria obedece a que "hai familias pobres, que carecen de recursos, e que tamén teñen dificultade de acceso aos servizos públicos esenciais", indica Capeáns, polo que invita o Parlamento de Galicia a emprazar á Administración "a aumentar a partida de axuda de urxencia social ou para os fondos municipais para axudas de urxencia" co fin de que os nenos "poidan comer nas súas casas xunto ás súas familias".
Esta mesma mañá en rolda de prensa, o vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, recordou que o Parlamento acordou o pasado 11 de xuño por unanimidade que a Xunta poida establecer convenios cos concellos interesados para que os comedores escolares poidan estar abertos durante as vacacións. Polo que avogou por tratar este asunto na "súa exacta dimensión", unha dimensión ante a que o Goberno galego actúa, salientou.
A Cámara opta así por convenios da Xunta cos concellos interesados para que se poidan usar os comedores dos centros educativos, en colaboración cos servizos públicos de benestar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario